Os faros da Costa da Morte iluminan San Ciprián da man de Suministros Lar.

Esta exposición, composta por oito pezas decoradas por ambas caras -co cal suman 16 creacións nas que aparecen representados os faros da Costa da Morte- estará instalada durante todo o ano no paseo do Torno, en San Ciprián para desfrute de veciños e visitantes.
Chega agora a Cervo tras pasar por diferentes localidades como Fisterra, Sanxenxo ou a cidade da Coruña.

Esta exposición pertence á penúltima edición do certame, a oitava, do "Concurso de Murales de Azulejo Lar", dirixido a estudiantes da ESO e que desde o primeiro momento tivo moita aceptación por parte dos centros, profesorado e alumnado.