Rugby

Etiquetas:
25/06/2019

O campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.

Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas...

leer más
Etiquetas:
08/12/2018

Ribadeo acollerá os días 29 e 30 de xuño de 2019 o campionato de España de seleccións autonómicas de rugby feminino. Este evento foi presentado hoxe no salón de plenos do Concello ribadense cun acto no que participaron o alcalde, Fernando Suárez; os concelleiros de Deportes e de Igualdade, David Rivas e Mariluz Álvarez; o presidente da Federación Galega de Rugby, Nacho Cociña; o seleccionador galego da autonómica feminina de rugby, Jos Portos; o adestrador do club Be One Ribadeo Rugby, Guillermo Fernández; e Ana Iglesias, xogadora do CRAT A Coruña e campioa de España.

O concelleiro de Deportes ribadense salientou que “no concello de Ribadeo non quixemos deixar pasar esta oportunidade histórica que se nos brindou para apoiar e promocionar o deporte feminino, neste caso o rugby, e aceptamos con moita ilusión ser sede dun Campionato de España...

leer más
Etiquetas:
18/05/2015
Equipos veteranos de rugby de Irlanda, Cataluña e Galicia disputarán o 22 de agosto en Cervo o I Memorial José Domínguez Fernández "Tolón".
 
O mundo do rugby renderá o vindeiro 22 de agosto unha homenaxe a José Domínguez Fernández, Tolón, coa celebración dun torneo triangular veterano que xuntará a equipos de Irlanda, Cataluña e Galiza. A comisión organizadora deste I Memorial Internacional de Rugby veterano, constituída esta mañá na Deputación, está formada pola Vicepresidencia do organismo provincial, o Concello de Cervo, a asociación Airiños do Xunco e históricos do rugby lucense como Manuel Miranda, Xabier Ridríguez ou Suso de la Torre.
 
O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, destacou que “Tolón era unha persoa totalmente entregada ao deporte lucense” e dixo que “sería esta unha semana moi leda para Tolón porque estamos vivindo un momento...
leer más