Mostra
O vindeiro xoves, 25 de maio, ás 20:00 horas será inaugurada na Biblioteca Pública Municipal a exposición "Burela a través dos libros das festas" onde se poderán visualizar exemplares que datan desde o ano 1950 ata o 1999.
A mostra permanecerá aberta ata o 12 de xuño e poderá ser visitada de luns a venres de 9:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas.
Xa o venres, día 26, ás 21:00 horas será a misa na honra da Virxe do Carme e a procesión desde a igrexa da Vila do Medio ata parroquial, que estará acompañada da Banda de Gaitas Dambara.
O sábado, día 27, terá lugar o pregón a cargo de Albano González Cancio na Casa da Cultura, e actuación da Escola de Música de Burela. Ao seu remate está prevista a actuación tamén do dúo Manopuesta.
E o domingo 28 será o día infantil con inchables na praza do Concello ao longo da tarde. Esa xornada celebrarase tamén unha nova...
leer másA sala multiusos do Concello de Viveiro acolle, do 8 ao 11 deste mes de maio, a exposición “EscribirARTE na Mariña” organizada pola Microrrede A Mariña, coa colaboración do Concello de Viveiro.
A Microrrede A Mariña é un proxecto colaborativo das bibliotecas escolares da Mariña que nesta edición inclúe 16 cadros, un por cada biblioteca da Microrrede, e un conto artístico. As obras plasman a alma dos proxectos dos centros, mesturando estilos tanto narrativos como artísticos cunha gran creatividade.
“As actividades da Microrrede serven de espello do enorme talento artístico que existe entre a mocidade da nosa vila”, subliña a alcaldesa María Loureiro.
O acto inaugural da exposición será este luns día 8 ás 18:30 horas e contará coa presenza de Primitivo Marcos Ferreiro, artista viveirense,...
leer másA exposición ‘Chicas nuevas 24 horas’, que poderá visitarse en Barreiros desde o día 12 ao 25 de abril no centro sociocultural de San Cosme, engloba tamén a proxección do mesmo documental de MabelLozano para o día 23 de abril ás 18:30h.
Este proxecto está impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e se enmarca no conxunto de accións promovidas pola Rede de entidades locais contra a violencia de xénero en colaboración coa Federación Galega de Municipios e Provincias no que se visibiliza a problemática da trata de persoas con fins de explotación sexual, un tema moi relevante na sociedade actual.
A proposta está integrada por diferentes fotografías e a proxección do documental Chicas nuevas 24 horas. Durante a mesma, daranse a coñecer testemuñas de mulleres e nenas de España,...
leer másAta o 30 de abril pode visitarse na sala de exposicións do Centro Cívico de Xove a exposición “Retratando sentimentos”, de Inma Purriños en colaboración coa asociación Somos Unidos por el Cáncer.
A mostra pode verse en horario de 17 a 20 horas. O acto de inauguración contou coa intervención de Rosana Roca, nativa na urbanización de Palmeiro, que falou da positividade ante o cancro de mama.
O salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do #DíaInternacionaldaMuller.
A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía.
O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de #Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella.
... leer másO venres 3 de marzo ás 19:30 horas terá lugar na Casa da Cultura a inauguración da exposición de Pinturas Mariñas do Paseo Marítimo de Burela, de Jesús San José Arranz.
A mostra poderá ser visitada ata o 24 de marzo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 18:00 a 21:00 horas os sábados.
Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, que foi organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras dentro da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.
A mostra está composta por trece planos e cartas náuticas da ría de Ribadeo, que van desde o ano 1662 ao 1932. Tamén se poden atopar aparellos de navegación cedidos polo mariñeiro xubilado Adolfo Conrado Álvarez Márquez, reproducións de instrumentos de cartografía antiga así como maquetas de barcos de época realizadas por Alfredo Sánchez.
Ao acto de inauguración da exposición asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso. O rexedor felicitou ao obradoiro de emprego polo traballo realizado. Desde o Concello animan a...
leer másO complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acolle a exposición Xoias Rurais, con pinturas de Marisa Walsh Iglesias. Esta mostra poderá visitarse ata o 11 de febreiro de 2023.
Corría o ano 1964 cando Marisa veu por primeira vez a Galicia para visitar á súa avoa e, en palabras súas, con tan só 15 anos de idade quedouse totalmente prendada do lugar. Marisa é de nai galega e pai británico.
Vivindo en Londres descubriu o seu amor pola arte ós “trintaetantos” e apuntouse entón a Escola de Artes Putney. En 2014 prexubilouse e veu vivir a Mañón (A Coruña). Mercou unha casa na aldea, onde era visitada a cotío polos cabalos e vacas da veciñanza. Foi así como comezou o seu romance coa vida no campo. Empezou un diario onde realizaba unha pintura por día. Algúns veciños pedíronlle que retratase os seus...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título “Encontro coa arte” que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita.
O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”
Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que...
leer másDo 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela, "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas.
Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona.
A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia.
Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela.
A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.