Mostra

Etiquetas:
12/03/2023

O salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do #DíaInternacionaldaMuller. 

A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía. 

O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de #Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. 

... leer más
Etiquetas:
15/02/2023

O venres 3 de marzo ás 19:30 horas terá lugar na Casa da Cultura a inauguración da exposición de Pinturas Mariñas do Paseo Marítimo de Burela, de Jesús San José Arranz. 

A mostra poderá ser visitada ata o 24 de marzo en horario de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 21:00 horas de luns a venres e de 18:00 a 21:00 horas os sábados.

 

Etiquetas:
14/12/2022

Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Oficina de Turismo a exposición Ría de Ribadeo, que foi organizada polo obradoiro de emprego Vilas Coidadoras dentro da especialidade de Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais.

A mostra está composta por trece planos e cartas náuticas da ría de Ribadeo, que van desde o ano 1662 ao 1932. Tamén se poden atopar aparellos de navegación cedidos polo mariñeiro xubilado Adolfo Conrado Álvarez Márquez, reproducións de instrumentos de cartografía antiga así como maquetas de barcos de época realizadas por Alfredo Sánchez. 

Ao acto de inauguración da exposición asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Cultura e Turismo, Pilar Otero e Pablo Vizoso. O rexedor felicitou ao obradoiro de emprego polo traballo realizado. Desde o Concello animan a...

leer más
Etiquetas:
08/12/2022

O complexo cultural Regal Xunqueira, no municipio de Viveiro, acolle a exposición Xoias Rurais, con pinturas de Marisa Walsh Iglesias. Esta mostra poderá visitarse ata o 11 de febreiro de 2023.

Corría o ano 1964 cando Marisa veu por primeira vez a Galicia para visitar á súa avoa e, en palabras súas, con tan só 15 anos de idade quedouse totalmente prendada do lugar. Marisa é de nai galega e pai británico.

Vivindo en Londres descubriu o seu amor pola arte ós “trintaetantos” e apuntouse entón a Escola de Artes Putney. En 2014 prexubilouse e veu vivir a Mañón (A Coruña). Mercou unha casa na aldea, onde era visitada a cotío polos cabalos e vacas da veciñanza. Foi así como comezou o seu romance coa vida no campo.  Empezou un diario onde realizaba unha pintura por día. Algúns veciños pedíronlle que retratase os seus...

leer más
Etiquetas:
04/12/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, pon en marcha un ciclo de exposicións baixo o título “Encontro coa arte” que se inaugura este mesmo mes de decembro da man da artesá Ana Ares, cunha mostra de traballos a ganchillo, que incluirá a realización de traballos en directo durante a visita. 

O rexedor, Alfonso Villares, e as edís de Cultura e Muller e Igualdade, Dolores García Caramés e Pilar Armada, respectivamente, achegáronse esta mañá ata a Casa da Cultura e puideron ver en primeira persoa o talento desta artesá e todo o que é quen de facer coas súas propias mans “desde roupa infantil, de adultos, todo tipo de complementos…”

Tal e como lles explicou Ares, “para ela a artesanía non é unha profesión, senón máis ben unha afección que lle apaixona dende nena gracias ás ensinanzas da súa avoa, que...

leer más
Etiquetas:
24/11/2022

Do 5 ao 30 de decembro poderase visitar na Sala de Arte da Casa da Cultura, en Burela,  "Creaturas", unha exposición de acuarelas da pintora burelá Mercedes Maseda Pernas. 

Trátase dunha mostra de variados motivos na que se poden atopar dende casas a animais pasando por retratos, como o de Frida kahlo e Benedicta Sánchez ou paisaxes da zona. 

A autora inspírase principalmente na natureza e nas súas raíces ligadas a Galicia. 

Haberá sorpresas, photocall e ata un concurso para a xente que se achegue a vela. 

A inauguración terá lugar o 5 de decembro ás 18:00 horas.

Etiquetas:
19/11/2022

A Pancha, a moeda local ribadense, será a protagonista dunha exposición que se poderá visitar nas principais rúas da vila e que inclúe tanto paneis explicativos do seu funcionamento como un percorrido polo pasado comercial de Ribadeo. 

O concelleiro de Comercio, Pablo Vizoso, lembra que “dende mediados do século XIX, Ribadeo foi un punto estratéxico para a actividade comercial, fortaleza que perdura ata o día de hoxe e aínda que os tempos cambiaron, a importancia do comercio na nosa vila é indiscutible, ata o punto de chegar a contar cunha moeda propia, a Pancha”.

O edil ribadense sinala que “se durante estes días paseamos polas principais rúas comerciais, en concreto por Rodríguez Murias, atoparémonos cunha exposición, que se divide en dúas partes e que está dedicada á nosa moeda, onde se amosa como e cando...

leer más
Etiquetas:
02/11/2022

A exposición “Galiza un país de festas. Ritos e festivos singulares”, incluída no programa de Exposicións Itinerantes da Rede Museística do Museo de Lugo, estará en novembro en Foz.

A Concellería de Patrimonio celebra así o Día Internacional do Patrimonio Mundial que se conmemora o 16 de Novembro. Trátase de poñer en valor neste caso o patrimonio inmaterial recollido nun Proxecto de salvagarda que durante os últimos anos levou a cabo a Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Principiou no ano 2007 baixo a coordinación da Asociación Lugo Patrimonio, co obxectivo de dinamizar e consolidar seis ritos festivos singulares do sur da provincia de Lugo, e de conservar e revitalizar os seus espazos xeográficos, castigados polo grave despoboamento.

Dende o principio, colaboraron activamente as asociación...

leer más
Etiquetas:
08/09/2022
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, o Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, e o presidente da Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro(Cegasal), José Antonio Vázquez Freire, inauguraron no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA) a mostra  itinerante Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas, centrada na inserción laboral das persoas con discapacidade. Esta exposición, impulsada pola institución provincial en colaboración con Cegasal, conta con 24 imaxes realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.
 
Roberto García Pernas destacou no acto a importancia de apoiar iniciativas dende a institución provincial que permitan “dar visibilidade e poñer en valor o traballo que levan a cabo as persoas con discapacidade nas empresas, pero tamén...
leer más
Etiquetas:
31/08/2022

Onte foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
 
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edís de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.
 
A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.