Rosalía

Etiquetas:
21/02/2024

A agrupación cultural Francisco Lanza celebra o Día de Rosalía en Ribadeo cun recital este venres, 23 de febreiro, ás 19:30 horas. O acto será nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía, pero trasladarase ao Teatro se o tempo o aconsella.

“Comezamos de novo o ciclo anual de actividades. E de novo imos celebrar o Día de Rosalía. Súmate a este sinxelo, fermoso e emotivo acto. Agardámoste este venres 23, ás 19:30 horas, nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía. Ímoslle poñer voz á imaxe de Rosalía. Ímoslle dar vida aos seus poemas! Imos facer que volva a primavera”, anuncia a agrupación cultural Francisco Lanza.

 

Etiquetas:
21/02/2024

A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos conmemorará o Día de Rosalía con varias actividades que organizan para este domingo, día 25 de febreiro. Serán no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos.

A partir das 12 horas haberá degustación do Caldo de Gloria. E ás 17:00 horas Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán o seu libro “O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias”.

 

Etiquetas:
21/02/2024

O Concello de Viveiro únese á celebración este mércores, 21 de febreiro, do Día Internacional da Lingua Nai, e do Día de Rosalía o venres 23 de febreiro. Por este motivo o Concello de Viveiro anuncia o sorteo de 3 lotes de libros. Poderán participar todas as persoas que acudan o venres 23 a retirar un libro da Biblioteca Municipal ou a facerse socios ou socias da mesma. Haberá un lote de libros para público infantil, outro para público xuvenil, e outro para público adulto.

“Dende a Concellería de Cultura animamos a toda a veciñanza a celebrar estes días tan importantes para Galicia e a cultura galega, reivindicando a nosa lingua e a unha das súas figuras máis relevantes, Rosalía de Castro", sinala a concelleira de Cultura en Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Etiquetas:
20/02/2024

O Concello de Foz celebra o Día de Rosalía este venres, 23 de febreiro, cunha representación teatral familiar con monicreques titulada A viaxe de Rosalía.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, esa data na que veu ao mundo a nosa poetisa emblema, un símbolo desa Galicia que loita cada día. Queremos que os máis pequenos medren coñecendo a súa terra, a súa historia e as mulleres fortes que a forman e a formaron”.

A viaxe de Rosalía é unha obra con monicreques que conta a traxectoria vital de Rosalía. Da boca de Francisca, que a coidou desde nena, vamos percorrendo a súa vida cotiá e a súa obra. É unha obra familiar de 50 minutos para todos os públicos. Será este venres 23 na Casa da Cultura ás 18:30 horas. A entrada é gratuíta. 

... leer más
Etiquetas:
20/02/2024

Co motivo da celebración do Dia de Rosalía este venres, 23 de febreiro, as concellerías de Educación e de Cultura do Concello de Burela organizan un maratón de lectura que se celebrará no Salón de Plenos.

A xornada dividirase nunha quenda de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na que participarán os rapaces e as rapazas dos centros educativos, e unha quenda de tarde, a partir das 16:00 horas, na que participarán outras entidades e público xeral.

A única premisa do maratón será a lectura de textos en galego, de libre elección polos lectores que se animen a participar.

“Ademais, realizaremos unha selección de poemas de Rosalía para que o público xeral poida desfrutalos neste maratón, abrindo así a nosa biblioteca municipal a toda a veciñanza e achegando a cultura galega”, sinala a concelleira de...

leer más
Etiquetas:
19/02/2024

Este próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.

Para conmemorar esa data, desde o Concello de Cervo, organizan o concurso Versos de Rosalía.

Desde o Concello indican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683 31 59 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as...

leer más
Etiquetas:
15/11/2023

Nesta mostra repásase a historia deste museo, lembrando o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, cuxa inauguración prevista a principios de novembro tivo que ser adiada pola situación meteorolóxica, está comisariada por Pepe Barro, tamén responsable da museoloxía da Casa-Museo. E está apoiada pola Deputación de Lugo.

A Casa-Museo abriu ao público o 15 de xullo de 1971, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. A partir da proposta de José Manuel Rey de Viana organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na diáspora, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.

... leer más
Etiquetas:
14/02/2023

O Concello repartirá nos centros de ensino marca páxinas para celebrar o Día de Rosalía o 23 de febreiro. Esa xornada haberá tamén un obradoiro creativo e unha actuación de Arume. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, contou que “o 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, unha muller poetisa que marcou a cultura de Galicia desde que empezou a publicar as súas primeiras obras. É un día no que en case todos os concellos facemos algún tipo de homenaxe para recordar a súa figura. En Burela xa despregamos unha pancarta na fachada da Casa do Concello, onde se pode ver unha das súas poesías máis coñecidas e parte da súa biografía básica, para que ninguén esqueza nunca a figura desta gran escritora galega”. 

O edil burelés explicou que “aparte diso queríamos facer algún acto ese día que escapara un pouco do habitual,...

leer más
Etiquetas:
09/08/2022

O deputado Efrén Castro, o tenente alcalde de Foz Xavier Fanego, a concelleira de Mocidade de Foz Gema Méndez e o presidente da Fundación Rosalía de Castro Anxo Angueira inauguraron este mediodía a mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía”, que se poderá ver  na Praza de Galicia ata o vindeiro 22 de agosto.

A exposición, promovida pola Fundación Rosalía de Castro, celebra o medio século da apertura como museo da Casa da Matanza de Padrón, onde a escritora pasou os últimos anos da súa vida, en xullo de 1971, como resultado dun esforzo colectivo que  implicou milleiros de persoas e institucións do país e da emigración en pleno franquismo.

 "Un esforzo colectivo que uniu a todas e todos os galegos hai cincuenta anos e que nos debe seguir unindo" expuxo o presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo...

leer más
Etiquetas:
22/07/2022

Hoxe inaugurouse en Ribadeo a exposición A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Rosalía na que se repasa a historia deste museo e se lembra o fito que supuxo en pleno franquismo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta Casa grazas á colaboración de milleiros de persoas.

A mostra, que se pode visitar no Campo de San Francisco ata o 7 de agosto, está comisariada por Pepe Barro, tamén autor da museoloxía da Casa-Museo. Foi inaugurada este mediodía por Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía, e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero. Ribadeo é a primeira etapa desta exposición que viaxará logo por Foz, Sarria, Vilalba, Chantada e Becerreá, grazas á Vicepresidencia da Deputación de Lugo. 

Anxo Angueira dixo que “esta exposición fai un repaso pola historia desta Casa-Museo que se abriu ao público o 15 de...

leer más