Rosalía

Etiquetas:
22/02/2020
A Concellería de Normalización Lingúística do Concello de Foz ven a convidar “a todolos veciños e a cantos queran, a celebrar a nosa poeta, no 183 aniversario do seu nacemento”. 
 
"As estrelliñas todas que aló no espazo están, sorrindo nos miraban con soave craridá". (Cantares Gallegos). Seguramente Rosalía nunca imaxinou que o seu nome remataría por ter un sitio no firmamento. Pero A Asociación Astronómica Io da Coruña foi a promotora da candidatura para nomear a antiga estrela HD 149143 e o planeta HD 149143 b que xira en torno a ela. Grazas a o pulo desta Asociación podemos agradecer que Rosalía poda estar presente no espazo. Pásanse a chamar Rosalía de Castro e o planeta chamarase Río Sar. Xa está a disposición das interesadas dende o pasado día 10 de febreiro e até o día 03  a unha serie de paneis...
leer más
Etiquetas:
21/02/2020

A Concellería de Cultura organiza diversas actividades con motivo da conmemoración do Día de Rosalía, que se celebrarán o vindeiro luns, 24 de febreiro.

Ás 12:45 horas terá lugar a colocación na fachada do Concello da pancarta conmemorativa do día de Rosalía e ás 12:55 hora procederase á lectura do manifesto da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Será no salón de plenos. E ás 13:00 horas o alumnado do CEIP Vista Alegre interpretará a canción Negra Sombra, baseada na composición de Rosalía de Castro. Estarán acompañados de Óscar Fernández, guitarrista de Eu Son Band.

Ao longo da vindeira semana farase un reparto nos colexios de Burela de marca páxinas conmemorativas, que tamén estarán dispoñibles para os usuarios e usuarias que se acheguen eses días á Biblioteca Municipal, á Casa da Xuventude ou ao propio...

leer más
Etiquetas:
14/02/2020

Alfoz prepara diversas actividades o luns, 24 de febreiro, para conmemorar o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Dende a área de igualdade levarase a cabo a exposición “Rosa, rosa… Rosalía”, na que se incluirá a súa biografía e obra, poñendo en valor a figura da poetisa como referente de muller pioneira do feminismo na literatura.

Ademais, conxuntamente coa área de cultura, realizarase de 10 a 12 horas, na biblioteca municipal, un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas de 3 a 14 anos. Os participantes elaborarán diferentes ilustracións de Rosalía, e un mural xigante en 3D que se incorporará á exposición e elaborarán poemas con pictogramas a partir de poemas musicados de Rosalía e cadansúa chapa coa imaxe da poetisa. 

Os interesados en participar no obradoiro creativo...

leer más
Etiquetas:
08/02/2020

A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o Día de Rosalía o vindeiro 22 de febreiro no café bar cultural A Sacabeira.

A partir das 12:30 horas haberá unha degustación do caldo de gloria. Ás 18:00 horas a escritora Eli Ríos dará unha charla titulada "Todas as escritoras somos fillas de Rosalía de Castro?".

Para  rematar o acto, a organización convida a todas as persoas a participar da lectura colectiva do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

 

Etiquetas:
19/02/2019

Segundo explica o concelleiro de Cultura, José Díaz, “durante toda esta semana dende o Concello de Burela celebraremos diversos actos conmemorativos na honra de Rosalía de Castro. Mañá, día 20, vaise despregar da fachada da Casa do Concello unha pancarta homenaxe á nosa poeta máis célebre con motivo do 182 aniversario do seu nacemento“. 

O edil burelés segue a relatar que “se repartirán marcapáxinas con poemas da figura máis grande da nosa literatura entre @s usuari@s da Biblioteca Pública Municipal e @s alumn@s dos centros educativos da vila“. 

E engadiu que “o domingo, 24 de Febreiro, ás 20:00 horas proxectárase no Auditorio Municipal o filme Contou Rosalía (2018), elaborado pola produtora Zenit TV e a TVG. Unha longametraxe que conta cun elenco encabezado pola actriz Melania Cruz como Rosalía de Castro e o...

leer más
Etiquetas:
17/02/2019

A ACR Fervenza de Sargadelos celebrará o 24 de febreiro o Día de Rosalía cunha presentación de libros.

O vindeiro domingo 24 ás 12:00 horas no Caseto de Copa, en Cervo, a escritora burelesa Antía Yáñez presentará a súas obras: O misterio de Portomarín, Senlleiras e A Reconquista. Xunto a autora estarán Ramón González Rei, coordinador do Xornal da Mariña; e Iria Fernández Moscoso, colaboradora de ACR Fervenza de Sargadelos.

Esta asociación anima a todas as persoas a participar, como peche da xornada, na lectura pública e participativa do Manifesto feito pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para conmemorar este día.

 

Etiquetas:
15/02/2019

O Concello de Cervo, conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) ofrecendo á veciñanza e aos visitantes a oportunidade de gozar dun gran concerto, con entrada libre.

Nesta ocasión, a coñecida artista galega que fora vocalista do grupo Luar na Lubre, Rosa Cedrón, será a encargada de facerlle unha especial homenaxe á escritora, “unha das miñas grandes paixóns que sempre está moi presente nos meus concertos”, tal e como ela mesma confesa.

A actuación, con entrada libre e programada pola delegación de Cultura, será o venres 22 de febreiro, ás 20:30 horas, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

Rosa Cedrón, acompañada por un pianista, poñerá voz a coñecidos poemas da escritora como “Negro Caravel” –tema recentemente interpretado pola galega Sabela en Operación...

leer más
Etiquetas:
21/02/2018

A Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario de Rosalía o “Caldo de Gloria”, unha iniciativa inspirada no poema “Miña casiña, meu lar” na que a poeta explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia. (http://rosalia.gal/causes/caldo-de-gloria/

O Valadouro súmase á conmemoración do Día de Rosalía este sábado, 24 de febreiro, coa implicación e colaboración do Concello de O Valadouro, o centro de educación infantil e primaria Santa María de O Valadouro, a asociación cultural Amado Lar e a totalidade da hostalería do Valadouro nunha iniciativa que o ano pasado se puxo en marcha en Padrón, a través da Fundación Rosalía de Castro e que tivo moi boa acollida. 

No Valadouro participan a totalidade de...

leer más
Etiquetas:
20/02/2018

Ribadeo conmemora o Día de Rosalía coa celebración dun concerto este sábado, 24 de febreiro.

O grupo Áureas presentará En Voga ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.

En Voga é o concerto espectáculo de Áureas. Enriba do escenario veremos unha charanga dos anos 20 formada por cinco mulleres, de catro nacionalidades diferentes, que interpretan unha coidada selección de pezas de autor e composicións desa década incluíndo ritmos brasileiros, polacos, arxentinos e galegos.

 

Etiquetas:
22/02/2017

Ribadeo únese a  outros Concellos que celebran o 24 de febreiro como Día de Rosalía. No Teatro terá lugar a lectura dun manifesto e despois unha representación teatral a cargo de Inversa Teatro, segundo deu a coñecer o concelleiro de Cultura, Farruco Graña.
O edil dixo: “queremos axudar a afianzar esta data no convencemento da importancia que ten lembrar a escritora de Padrón. Así como o nome de Rosalía de Castro é coñecido por todos,  a súa obra foi durante décadas ofrecida ao grande público como un produto sentimentaloide e derrotista. É o momento de lermos a Rosalía e descubrir toda a súa modernidade. Conceptos hoxe asumidos normalmente como obxecto poético (a xustiza social, a liberdade fronte á norma opresora, a situación da muller, a emigración…) xa foron utilizados por esta galega no século XIX. E por riba, era muller e escribía en galego”.

... leer más