Sargadelos

23/07/2026

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos “converterase tamén nun gran escenario ao aire libre para acoller Ñiqui Ñaque, unha coprodución de Espectáculos Valente e o Centro Dramático Galego. Un espectáculo cheo de humor, clown, máscara e acrobacia que segue a historia de Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes que, cando están a piques de disolver a súa compañía, reciben unha inesperada proposta: representar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado”.

É unha obra con texto de Cándido Pazó, dirección de Roberto Vázquez e interpretación a cargo dos actores Con Dani Lago e Ángel Blanco.

A entrada é libre.

Etiquetas:
21/07/2026

O Concello de Cervo volverá converter o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos no escenario da celebración do Trail Sargadelos 2026, que terá lugar este domingo, día 26 de xullo, dentro da programación das tradicionais festas de Sargadelos.

A proba, organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa asociación Amigos da Troula, ofrecerá aos participantes “un percorrido que combina deporte, patrimonio e natureza, atravesando algúns dos espazos máis representativos deste enclave histórico. O itinerario discorrerá por puntos tan emblemáticos como a antiga Fábrica de Louza, a presa do río Xunco, o Paseo dos Namorados ou a senda botánica, permitindo descubrir a riqueza paisaxística e cultural da contorna mentres se practica deporte. O Trail forma parte, ademais, do circuíto Duacode Run Foz Run, integrado por diferentes carreiras populares que se celebran ao longo do ano na...

leer más
Etiquetas:
20/07/2026

O Concello de Cervo anuncia que a parroquia de Sargadelos “volverá converterse nun punto de encontro para veciños e visitantes coa celebración das festas na honra a Santiago Apóstolo, que se desenvolverán do 24 ao 26 de xullo, cun amplo programa no que se mesturan tradición relixiosa, gastronomía, música e deporte”.

A programación arrancará o venres 24 de xullo, ás 20:00 horas, cunha espetada moura, seguida do Xunco Fest, dando comezo a unha fin de semana de celebracións.

O sábado 25 de xullo, día grande das festas, celebrarase ás 13:00 horas a misa solemne e procesión na honra a Santiago Apóstolo, acompañadas polo grupo Fol do Raxal. A continuación terá lugar a sesión vermú coa actuación de A Banda da Loba e a animación da Discomóbil Conxuro. Xa pola noite o protagonismo será para o concerto de Ruxe Ruxe, seguido...

leer más
Etiquetas:
26/05/2026

O vindeiro domingo, 31 de maio, a guía oficial Ana Pena, de Guía tu día, organizará unha visita guiada ao Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, no concello de Cervo, para coñecer de preto a figura de Antonio Raimundo Ibáñez, impulsor do primeiro gran proxecto industrial de Galicia e unha das personalidades máis destacadas da Ilustración galega.

O itinerario permitirá coñecer o antigo complexo siderúrxico e de louza de Sargadelos e continuará polo histórico Camiño Real, seguindo ás beiras do río Xunco, clave para comprender o funcionamento das fábricas e a vida arredor de Sargadelos.

A proposta combina patrimonio, historia, industria e natureza nun paseo circular de dificultade baixa, pensado para todos os públicos e tamén pet friendly.
A visita dará comezo ás 11:00 horas e terá un prezo de 12 euros por...

leer más
Etiquetas:
18/05/2026

O concello de Cervo acollerá do 20 de maio ao 2 de xuño a exposición titulada Os Maragatos da Porta de San Pedro, unha mostra organizada polo Colectivo Egeria e a Fundación Carmen Pérez-Carro, coa colaboración do Concello, que poderá visitarse na Sala Cultural Xosé Vizoso, situada no edificio das Carboeiras, no Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos.

A inauguración oficial terá lugar o mércores 20 de maio ás 12:00 horas, nun acto aberto ao público no que se presentará esta proposta expositiva que “afonda nas raíces maragatas da familia Pérez-Carro e na súa vinculación histórica coa cidade de Lugo ao longo de máis de 145 anos”, anuncia o Concello de Cervo, que engade: “a mostra está composta por doce paneis redactados en galego e castelán, nos que se realiza un percorrido pola traxectoria da familia Pérez-Carro desde a súa...

leer más
07/05/2026

A asociación Mariña Patrimonio continúa co seu programa de actividades cunha nova conferencia dedicada á historia de Sargadelos, “un dos espazos industriais e culturais máis significativos de Galicia”. A charla terá lugar o martes 12 de maio ás 19:00 horas na sala de actos da Casa da Administración, no Museo Histórico de Sargadelos. Baixo o título Do marqués ao arcebispo: mitos e realidades na historia de Sargadelos, intervirá Xoán Carmona Badía, catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela e investigador especializado en temas relacionados coa historia da industria.

Mariña Patrimonio anuncia que “nesta conferencia abordaranse diferentes aspectos da historia de Sargadelos, desde a figura do marqués ata outras interpretacións e relatos que foron construíndo a memoria deste lugar. A...

leer más
Etiquetas:
25/03/2026

O Centro de Emprendemento do Concello de Cervo, situado no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, continúa a medrar coa incorporación dunha nova iniciativa empresarial. Trátase de A Comarca, un proxecto artesanal que ocupa o local número 3 das instalacións e que vén reforzar a diversidade e riqueza da oferta existente neste espazo.

A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata alí para facerlle a  entrega das chaves á nova arrendataria, Celia Prada, dándolle a benvida a este centro e desexándolle moita sorte nesta nova etapa destacando a importancia deste tipo de proxectos para dinamizar o municipio e poñer en valor o talento local.

A Comarca terá o seu obradoiro en Sargadelos, onde centralizará a produción e abrirá un espazo ao público con tenda e zona de exposición que ofrecerá produtos...

leer más
26/02/2026

A Asociación Cultural e Recreativa Fervenza de Sargadelos (Cervo) organiza actividades para celebrar o Día de Rosalía este domingo, día 1 de marzo, desde as 12:00 horas.

Será en A Sacabeira Café Bar Cultural e comezará o programa cunha degustación do Caldo de Gloria. Ás 18:00 horas haberá unha palestra titulada Un caldo de gloria: Inxustiza e loita na Galiza rural contemporánea, a cargo de Alba Díaz Geada. E a continuación farase unha lectura colaborativa do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

 

17/09/2025

O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noite deste venres, día 19 de setembro, coa sesión para público adulto a cargo de Soledad Felloza. Será na sala de exposicións das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo) ás 22:00 horas.

“Unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”, anuncia o Concello de Cervo, que para esta actividade conta aoa colaboración de Tarabela Creativa e da Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe.

Etiquetas:
16/08/2025

A violinista Leticia Moreno actúa na fábrica de Sargadelos, no municipio de Cervo, o día 19 de agosto, martes, ás 20:30 horas.

“Chega o Festival Bal y Gay ao noso concello. Leticia Moreno é unha das violinistas máis emocionantes e versátiles da súa xeración. Xunto a Uxía Martínez Botana (contrabaixo), Juan Quentin (piano) e Claudio Constantini (bandoneón) presentará unha proposta acorde ao espazo, que aposta pola tradición cunha mirada cara a modernidade”, anuncia o Concello de Cervo.