Trail

Etiquetas:
05/11/2026

Muras acollerá o este domingo, día 8 de novembro, a novena edición do Trail das Bestas, organizado polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “medio milleiro de persoas inscribíronse para participar na proba que, nesta edición, suma unha nova modalidade de participación, un Mini Trail, de 8 quilómetros e un desnivel de 350 metros, que serve como primeiro contacto con este deporte. Poderase participar nesta modalidade a partir dos 14 anos. As outras modalidades de participación son: Maratón, de 43 quilómetros e 2.100 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.400 metros de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 700 de desnivel, e a Andaina, de 8 quilómetros de 350 metros de desnivel”.

O deputado provincial de Rural, Daniel García, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo...

leer más
01/10/2026

Barreiros acolleu a presentación “dunha das probas estrela do outono deportivo na comarca”, o Trail Monte Comado, que este ano cumpre dez edicións. Ao acto de presentación acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Otero; e membros da entidade organizadora, a Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado.

O Concello de Barreiros destaca que “alcanzar unha década de vida converte nunha edición moi especial a esta proba”, un fito que puxo en relevo a alcaldesa, Ana Ermida, quen destacou “o traballo constante das asociacións no esforzo por dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte. Chegar a dez edicións dunha carreira de montaña demostra a solidez dun proxecto que xa é todo un orgullo para...

leer más
Etiquetas:
27/09/2026

O Concello de Burela anuncia que o día 4 de outubro, domingo, chega a primeira edición do Trail Monte Castelo, organizado por Move-t, con dúas modalidades “para gozar do noso monte: Trail de 14 quilómetros e 900 metros de desnivel positivo e andaina de 10 quilómetros e 350 metros de desnivel positivo”.

“Acompañamos a Móvete para dar a coñecer esta nova cita deportiva e contribuímos a impulsala con apoio económico e coa colaboración de persoal municipal”, explica o Concello de Burela, que engade: “as inscricións pechan o 1 de outubro”.

Etiquetas:
21/07/2026

O Concello de Cervo volverá converter o Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos no escenario da celebración do Trail Sargadelos 2026, que terá lugar este domingo, día 26 de xullo, dentro da programación das tradicionais festas de Sargadelos.

A proba, organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa asociación Amigos da Troula, ofrecerá aos participantes “un percorrido que combina deporte, patrimonio e natureza, atravesando algúns dos espazos máis representativos deste enclave histórico. O itinerario discorrerá por puntos tan emblemáticos como a antiga Fábrica de Louza, a presa do río Xunco, o Paseo dos Namorados ou a senda botánica, permitindo descubrir a riqueza paisaxística e cultural da contorna mentres se practica deporte. O Trail forma parte, ademais, do circuíto Duacode Run Foz Run, integrado por diferentes carreiras populares que se celebran ao longo do ano na...

leer más
Etiquetas:
15/05/2026

A sexta edición do Trail do Vicedo celebrarase este domingo, día 17 de maio. A presentación correu a cargo do alcalde do Vicedo, Jesús Novo Martínez, e de representantes do club Graficas Lar, habitual colaborador na organización deste evento.

O Concello do Vicedo explica que durante a presentación sinalouse que están anotadas cerca de 400 persoas e isto supón que “é un evento que está medrando en participación e que contará cunha importante presenza de atletas e camiñantes locais así como de toda a comarca e do resto de Galicia”. Tamén se indicou que “como novidade, este ano cambiou o percorrido do trail longo, que pasa a ter a saída tamén no entorno da praia da Abrela e adapta a distancia a uns 21 quilómetros. Tamén se cambia o emprazamento da saída, que será nunha zona máis próxima á praia da Abrela, cunhas espectaculares vistas ó mar....

leer más
Etiquetas:
25/04/2026

A Asociación Cultural Deportiva (ACD) Xove, como organizador, xunto co Concello de Xove, como patrocinador principal, presentaron o VII Xove Costa Trail, que se levará a cabo os días 1, 2 e 3 de maio deste ano.

Explicaron que o Xove Costa Trail  “é un evento deportivo que converterá o municipio nun punto de encontro para amantes do trail e da natureza. A programación desenvolverase ao longo de tres xornadas, ofrecendo actividades para todos os públicos e niveis. O venres 1 de maio dará comezo coa andaina, pensada para desfrutar do entorno natural dun xeito máis relaxado. O sábado 2 de maio será a quenda das máis pequenas e pequenos coa celebración da carreira de nenas e nenos, fomentando así o deporte desde idades temperás. O prato forte chegará o domingo 3 de maio, coa disputa das probas principais do trail, con tres distancias (37, 21 e...

leer más
Etiquetas:
24/10/2025

Muras acollerá o vindeiro 9 de novembro a oitava edición do Trail das Bestas, unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e integrada no circuíto Galicia Trail Running Series.

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez e o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Jesús Vázquez Tallón presentaron este xoves a proba, organizada polo concello coa colaboración da institución provincial e da Federación Galega de Atletismo.

A proba ofrece catro distintas e modalidades de participación: Maraton, de 43 quilómetros e 2.080 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.260 de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 570 de desnivel, e a Andaina, tamén de 12 quilómetros de 570 de desnivel.

... leer más
06/10/2025

Este luns presentouse a IX edición do Trail Monte Comado, que se celebrará en Barreiros este sábado, día 11 de outubro. Ao acto acudiron a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida; o concelleiro de Deportes e deputado provincial, Dani García; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manolo Cadramón; e membros da entidade organizadora, Asociación Praias de Comado.

Ermida quixo poñer en valor o esforzo das asociacións: “nestes anos, nos que vimos traballando en dinamizar Barreiros, desestacionalizar o turismo e promover o deporte, debemos agradecer moito o traballo que fan as asociacións que organizan este tipo de eventos. Neste caso estamos a presentar unha proba que vai pola súa IX edición e que está máis que consolidada no calendario das carreiras de montaña, o que fai que sexa todo un orgullo para Barreiros”.

... leer más
Etiquetas:
01/10/2025

Este domingo, día 5 de outubro, disputarase o I Trail de Ribadeo. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 quilómetros), trail curto (12 quilómetros) e andaina popular (12 quilómetros). As inscricións, que permanecen abertas ata este mércores, 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com. Ata o momento son preto de 200 as persoas inscritas.

A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como...

leer más
Etiquetas:
20/09/2025

Ata o 1 de outubro está aberto o prazo de inscrición para participar no I Trail de Ribadeo, que se celebrará o día 5 do vindeiro mes. Co evento, organizado polo Concello, colabora a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

A proba contará con tres modalidades: trail longo (24 km), trail curto (12 km) e andaina popular (12 km). As inscricións, que permanecerán abertas ata o 1 de outubro, poden realizarse a través da web oficial www.trailderibadeo.com

O número de prazas está limitado a 150 no trail longo, 250 no trail curto e 200 na andaina. A organización ofrecerá seguro de accidentes, avituallamentos, asistencia sanitaria, bolsa do corredor, así como unha camiseta conmemorativa e un vaso pregable para todas as persoas participantes.

... leer más