Monte Castelo
Rematou o pintado do mural artístico e informativo do Monte Castelo, que foi visitado polo alcalde e polos autores.
Alfredo Llano indicou que “visitei xunto cos autores, xunto cos artistas Belén e Martín, que fixeron unha labor extraordinaria alí no Monte Castelo cun mural artístico e informativo, onde se sinala o que se pode ver alí naquela zona: a capela, o cruceiro, o hórreo… tamén aparecen dúas mulleres, o que indica o peso que tiñan na sociedade, non so ligado ao mar senón que tamén había hortos e había que traballar a terra, algo que normalmente facían as mulleres, por iso a súa presenza neste mural extraordinario”.
O rexedor considera que “é unha obra artística moi ben feita, que lle da unha singularidade importante á área recreativa do Monte Castelo. Todo isto forma parte das actuacións que se están a...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos de Burela e o Club Ciclista Cerezo Bikes organizan a III edición da iniciativa Enduro. Monte Castelo durante a fin de semana do 15 e 16 de abril.
Esta proba consta de 25 quilómetros nun contorno natural, 1.450 metros de acumulada, 4 circuítos cronometrados e será puntuable para a Copa Galicia.
Dende a entidade comercial queren convidar a todas as persoas amantes do ciclismo a participar nesta proba deportiva e visitar os establecementos de proximidade de Burela durante esa fin de semana, “sendo unha boa oportunidade para impulsar o comercio e a hostalería local. Invitamos a todas as veciñas e veciños da Mariña Lucense para que acudan ao evento”.
No acto de presentación, que tivo lugar no Concello de Burela, participaron o alcalde,...
leer másBurela celebra a romaría de Monte Castelo desde este venres, día 22 de xullo, xornada na que haberá misa na igrexa de Vila do Medio ás 20:30 horas, media hora despois terá lugar unha chicharrada e actuarán Grupo Montreal e DJ Balbino.
O sábado 23 haberá sesión vermú con Grupo JB Son a partir das 14:00 horas. Desde as 18:00 celebrarase concurso de casetas, campionato de tute, xogos para nen@s organizado por Gaia. E ás 23:30 empezará a verbena con Grupo JB Son e DJ Balbino.
O domingo 24 ás 13:15 celebrarase misa e procesión no honra da Nosa Señora das Marabillas e a partir das 14:00 horas, sesión vermú a cargo do dúo Merengue.
O Monte Castelo acollerá a súa tradicional romaría dos días 25 ao 28 deste mes de xullo. O alcalde, Alfredo Llano, anima a participar nesta cita, que se presentou nas últimas horas. O rexedor dixo que aínda quedan algunhas parcelas libres para poder gozar desta festa coa familia e cos amigos.
Llano sinalou que “no monte Castelo de Burela imos iniciar a romaría que basicamente é para os veciños e para as familias, para estar alí a gusto tres ou catro días, participando en todo aquilo que hai alí, nas acampadas e nas actividades, que hai moitísimas”.
O alcalde quixo “animar á xente que queira ir. Hai aínda algunha parcela libre. As persoas interesadas que suban e reserven o seu espazo para disfrutar durante eses días, desde o 25 ata o 28 que remata a festa. Ese 28 pola mañá, o domingo, haberá unha misa e unha...
leer más