mural

Etiquetas:
22/03/2023

Rematou o pintado do mural artístico e informativo do Monte Castelo, que foi visitado polo alcalde e polos autores.

Alfredo Llano indicou que “visitei xunto cos autores, xunto cos artistas Belén e Martín, que fixeron unha labor extraordinaria alí no Monte Castelo cun mural artístico e informativo, onde se sinala o que se pode ver alí naquela zona: a capela, o cruceiro, o hórreo… tamén aparecen dúas mulleres, o que indica o peso que tiñan na sociedade, non so ligado ao mar senón que tamén había hortos e había que traballar a terra, algo que normalmente facían as mulleres, por iso a súa presenza neste mural extraordinario”.

O rexedor considera que “é unha obra artística moi ben feita, que lle da unha singularidade importante á área recreativa do Monte Castelo. Todo isto forma parte das actuacións que se están a...

leer más
Etiquetas:
07/07/2022

A emigración é a protagonista do mural que se pode ver xa na praciña da Fonte Nova, en Ribadeo. Estampas do retorno é un novo traballo do afamado artista de orixe ribadense Joseba Muruzábal. 

Ao acto de inauguración asistiron o alcalde, Fernando Suárez, e os concelleiros de Medio Ambiente, Cultura e Turismo, Jorge Díaz, Pilar Otero e Pablo Vizoso, ademais do xerente de Acisa, Jesús Pérez. 

O mural é unha das actividades das vésperas do Ribadeo Indiano, que arrincará mañá, venres, e se prolongará ata o vindeiro domingo, 10 de xullo. 

Joseba Muruzábal, de nome artístico JOSEBA MP, é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e hoxe en día é un dos máximos expoñentes deste tipo de traballos artísticos e os seus deseños xa os hai en moitas vilas. En Ribadeo participou en tres...

leer más
Etiquetas:
18/08/2021

A piques está de rematar na Avenida de Galiza a pintura mural de Joseba Muruzábal, que lle foi encargada polo Concello coa intención de embelecer esa zona. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, destacou que “queremos render homenaxe a Concha, unha veciña de Ove de 90 anos, que leva toda a vida traendo os produtos da súa horta ao mercado de Ribadeo, e tamén ao comercio de proximidade”.  

A edil ribadense contou que “se están a desenvolverse os traballos que o Concello lle encomendou facer nun edificio da Avenida de Galiza a Joseba Muruzábal, mozo muralista de orixe ribadense. Trátase dun proxecto que nace de conversas xa do ano pasado e que a covid ou a propia dispoñibilidade de Muruzábal retrasaron ata o de agora”.

Pilar Otero dixo que “nas últimas décadas tense reflexionado sobre como medraron as nosas vilas e ...

leer más
Etiquetas:
23/03/2021

Xa se pode ver na rúa Rodríguez Murias, de Ribadeo, o mural en homenaxe a Rosalía de Castro. Foi pintado esta mañá por Concepto Circo. 

Deste xeito o Concello conmemora a data do nacemento da escritora en Santiago de Compostela en 1837, “unha celebración que foi impulsada en 2011 pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega e á que cada ano se suman máis entidades”, segundo lembraba hai uns días a concelleira de Cultura, Pilar Otero. 

Ribadeo acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo na que se posibilitaba que os Concellos, que así o solicitasen, puidesen dispor dunha actividade para celebrar a efeméride. “No ámbito do mural que solicitamos propóñense modelos de obras orixinais coa mestura de diferentes técnicas”, dixo a edil ribadense. 

 

Etiquetas:
18/03/2021

O Concello de Lourenzá acolleuse á convocatoria da Área de Cultura da Deputación de Lugo para conmemorar a figura de Rosalía de Castro con dúas actividades: un mural e unha representación teatral infantil, que está programada para o día 22 de abril.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a primeira actividade foi a elaboración dun mural na entrada do CEIP Juan Rey realizado por Concepto Circo. A segunda terá lugar o 22 de abril, en vésperas da celebración do Día do Libro. Trátase do espectáculo teatral con monicreques de mesa A viaxe de Rosalía, a cargo da actriz Larraitz Urruzola. Vai dirixida a público infantil e tamén se desenvolverá nas dependencias do colexio”.

 

Etiquetas:
21/07/2020

Desde a Concellería de Cultura anunciaron hoxe os finalistas da cuarta edicion do Certame de Pintura Mural Amarte 2020, que se vai celebrar no muro portuario entre os próximos 30 de xullo e 2 de agosto. 

Como novidade, e segundo explicou o concelleiro de Cultura, José Diaz, “este año tenemos 9 finalistas, solían ser 10, pero este año van a ser 9. Esto se debe a la cantidad de murales que nos quedan, que son los justos para que pueda haber 4 ediciones más, contando esta, de Amarte, sino nos darían para menos, así que reducimos en uno los finalistas, y así nos dan las cuentas”.

Entre os participantes so repite un do ano pasado, e o resto acuden por primeira vez. José Díaz opina que “los nuevos participantes dan posibilidades de nuevos estilos, enriquece la parte artística de nuestro muro. Con este año tendremos 42...

leer más
Etiquetas:
27/05/2020

A Concellería de Cultura anuncia a celebración da cuarta edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte no mes de agosto. Os artistas interesados en participar xa poden comezar a mandar os seus bocetos. Este ano serán nove os seleccionados para pintar as súas obras no porto burelés.

O edil José Díaz explicou que “dende a Delegación de Cultura de Burela queremos anunciar que este ano, a pesares das circunstancias de todos coñecidas, imos poder facer unha nova edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, no porto”.

Díaz contou que “as datas van ser coincidentes probablemente co que sería a Feira do Bonito, que seguramente non se poderá facer como festa, non sabemos aínda como se poderá levar adiante si se pode facer algo, pero a idea sería poñer como sempre o Certame de Pintura Mural paralelo...

leer más
Etiquetas:
23/07/2019

Elixidos os dez finalistas que participarán no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019, que organiza o Concello de Burela, e que se celebrará no 1 ao 4 de agosto no porto. 

Entre eses dez artistas figuran os locais Otto Tretto, de Viveiro; Hipólito Xeada, de Xove; Adriana Pardo, de Burela; David Fernández Rodil DaviXino, de Burela; e David Catá, de Viveiro. Os outros cinco artistas seleccionados son: Eneko Azpiroz, de Navarra; Moisés Vargas e Tim Bergmeier, de Salamanca; Delio Rodríguez Sés, de Vigo; Marcos Lamas Bestilleiro, de A Coruña; e Marcos Pereira, de Lugo. 

O concelleiro de Cultura, José Díaz, declarou que “es la tercera edición de Amarte, empezamos en 2017 y el año pasado lo consolidamos. Ahora es el momento de seguir para adelante y no parar en los próximos años. Es cierto que el muro...

leer más
Etiquetas:
13/02/2019

A Concellería de Cultura abrirá o prazo para inscribirse no III Certame Internacional de Pintura Mural Amarte 2019 o vindeiro mes de abril. Nesta convocatoria haberá varias novidades como o premio do público ou a posible iluminación nocturna do muro portuario. O concelleiro, José Díaz, anunciou que tamén se incrementan os premios. O primeiro estará dotado con 1.500 euros, o 2º con 750 e o terceiro con 350 euros. O mellor artista local levará 300 euros. 

O edil burelés contou que “es el certamen de pintura mural Amarte, que comenzamos aquí en Burela paralelo a la Feria del Bonito en 2017 y tuvo su continuidad en 2018, y este año repetimos. Vamos a por esa tercera edición y me gustaría resaltar que vamos a adelantar el plazo para que los artistas puedan empezar a mandar sus propuestas. Siempre lo hacemos sobre mayo, pero este año vamos a...

leer más
Etiquetas:
11/07/2018

A segunda edición do Certame Internacional de Pintura Mural Amarte, que se celebrará en Burela a primeira fin de semana de agosto, pechará o prazo de recepción de bocetos o vindeiro domingo, 15 de xullo. Ata o momento son 12 os traballos presentados, segundo ven de confirmar o concelleiro de Cultura, José Díaz. A entrega de premios contará coa presenza de Fernando Romay, que será o pregoeiro da Feira do Bonito 2018. 

O edil burelés anunciou que “este año será la segunda edición del Certamen Internacional Amarte que hacemos en Burela. Nos queda hasta el 15 de julio como plazo final para la recepción de los bocetos que aspiran a participar en esa final a diez, en el muro portuario. Ya hemos recibido, a fecha de 10 de julio, 12 obras. Son más de las que tendrían que pintar, pero esperamos que la cifra aumente estos últimos días que sabemos...

leer más