mural

Etiquetas:
17/03/2017

Este mediodía foi presentado no salón de plenos do Concello o I Certame de Pintura Mural Amarte, que terá lugar coincidindo coa Feira do Bonito o vindeiro mes de agosto. Os artistas, que realizarán os seus traballos no muro de contención do porto, dispoñen ata o 1 de xullo para presentar as súas propostas. 

O presidente do xurado, Alfonso Otero Regal, explicou que “é un certame para poñer bonita a Burela. Creo que foi en tempos de Maragall en Barcelona, cando sacaron un slogan que dicía Barcelona ponte guapa, pois Burela ponte guapa neste caso”.

O artista mariñán relatou que “Burela é un pobo novo. Cando eu tiña dez anos, xa fai uns cincuenta anos, Burela era soamente un barrio que se chamaba Vila do Medio, onde estaba a igrexa, a rúa do Can, que está na estrada que vai cara Rúa, e o porto. Foi unha poboación que...

leer más