pintura

Etiquetas:
25/08/2026

Ata este mércores, día 26 de agosto, a Oficina de Turismo de Ribadeo acolle unha exposición de pintura de Enol Blanco Puga e Félix Blanco. A mostra, titulada Compartindo e entendendo a creatividade neurodiverxente é “para descubrir diferentes formas de expresar, crear e entender a arte”, explica o Concello de Ribadeo.

Esta exposición pode visitarse todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

29/07/2025

Ribadeo acolle dúas exposicións de pintura desde este venres, 1 de agosto, ata o día 10 dese mes. Son dos artistas Nenó Selá e López Castro.

A mostra con obras de Nenó Sela titúlase Paisaxes de Ribadeo: Cen anos de Historia e poderá visitarse na sala de exposicións da Casa de El Viejo Pancho desde 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00.

E a mostra de pinturas de López Castro, titulada O encuadre da ría, estará na sala de exposicións do Campo de San Francisco e abrirá ao público de 18:00 a 21:00 horas.

26/12/2024

A pintora Jovita López Veres expón parte da súa obra en Ribadeo desde este sábado, día 28 de decembro, ata o 5 de xaneiro. A mostra poderá visitarse na sala de exposicións do Campo neste horario: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

É unha exposición a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro.

Etiquetas:
05/04/2024

O complexo cultural Regalxunqueira, situado no concello de Viveiro, acolle unha exposición da artista Costafreda, mostra que poderá visitarse ata o día 2 de maio. O horario de apertura é de luns a venres de 10 a 14 e de 16 a 19 horas e os sábados de 10:30 a 13:30 horas.

A exposición, de pinturas con tinta, titúlase “El alma del monte. Manchas y líneas”.

Ángeles Costafreda, que naceu en París no ano 1959, explica: “actualmente resido en Galdo (Viveiro), donde tengo mi estudio. El monte me rodea. Lo estudio cada día, lo escucho, veo y siento cómo se mueve por el viento. No quiero pintar lo que veo a simple vista, quiero conectarme y descubrir el interior de lo que veo. Sentir la fina línea interior, la energía de la línea como una estructura que marca lo que se ve externamente”.

Etiquetas:
01/03/2024

O complexo cultural RegalXunqueira, no municipio de Viveiro, acolle desde este venres, 1 de marzo, ata o 31 deste mes unha exposición de pinturas do artista Xolo titulada “Arte con Futuro”.

Xosé López Losada, de pseudónimo Xolo, naceu en Ourol o 8 de abril de 1967 e explica: “a arte é toda a miña vida. Comeza a miña carreira artística aos 5 anos. Aos 8 anos merco as primeiras acuarelas e fago unha copia dunha obra de Velázquez. En 8º de EXB gaño un premio de postais de Nadal no Concello de Ourol e outro de carteis do Día das Letras Galegas.

En 2º de BUP pinto os bastidores dunha obra de teatro. En COU pinto o mural das salas de audicións do Centro de ensinanzas integradas.No ano 1987 trasládome a Salamanca para estudar Belas Artes, onde conseguín matrícula de honra no primeiro curso de Universidade. A finais do...

leer más
Etiquetas:
19/12/2023

El Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) Porta da Auga, de Ribadeo, acoge una jornada sobre pintura de alta decoración este jueves, 21 de diciembre, a las 16:00 horas. Es una actividad organizada por el departamento de Edificación y Obra Civil del centro con la colaboración de las empresas Eurocolor y Valpaint. Está dirigida al alumnado del centro, a profesionales del sector y a otras personas interesadas en esta materia y la participación es gratuita, pero los que quieran asistir deben inscribirse previamente a través del teléfono 609.00.99.98 o del correo electrónico mendezdeandes@edu.xunta.gal.

El jefe del Departamento de Edificación y Obra Civil del CIFP Porta da Auga, José Méndez de Andés, explica que “será una jornada técnica de formación a cargo de la empresa Eurocolor,...

leer más
Etiquetas:
18/12/2023

Os días 2 e 3 de xaneiro de 2024, en horario de 11:00 a 13:00, realizaranse obradoiros de pintura interxeracional no Centro de Atención a Persoas Maiores A Concordia (coñecido como o Centro de Día), coa colaboración do Concello de Ribadeo.
 
Están dirixidos á rapazada entre 10 e 14 anos e as inscricións, que son gratuítas, poden formalizarse na Casa da Xuventude ou nos teléfonos 982.129.889 e 638.299.573 ata o 18 de decembro.

Os organizadores explican: “temos como obxectivo a creación colectiva dun particular nacemento onde o abano de posibilidades xurdirá da creatividade conxunta. As actividades interxeracionais son unha aposta importante no proxecto do Centro de Día. A experiencia e os coñecementos das persoas usuarias do CAPM serán a ponte viva cara á nosa historia e tradicións”.

Etiquetas:
09/08/2023

O Concello de Ourol presentou a exposición de cadros de José Manuel Hermida Blanco (Senel), que se poderá visitas os días 13 e 14 de agosto no edificio multiusos. A entrada será gratuíta e o Concello invita a todos a achegarse a visitala.

O horario será de 11 a 13 horas ambos días pola mañá. E pola tarde o domingo de 17 a 19 horas e o luns de 17 a 21 horas.

Etiquetas:
02/08/2023

Entre os días 3 e o 27 de agosto poderase visitar a exposición “A península máxica” na Casa da Cultura de San Ciprián. A mostra comprende unha vintena de pezas da obra de Gloria Arranz Pardo. O horario de apertura  de luns a venres será de 9 a 15 horas.

Desde o Concello de Cervo comentan que “a obra en si é unha homenaxe a San Ciprián xa que moitas das obras están protagonizadas por lugares emblemáticos da vila”. 

 

Etiquetas:
10/07/2023

Desde este luns, 10 de xullo, pódese desfrutar dunha nova exposición na Casa da Cultura.
Unha mostra colectiva de Abraham Moreno, Raquel Arias, Daniel San Miguel e Juan Manuel Regadera, todos eles estudantes de Belas Artes, que comparten con todos nós o seu talento.

Not Accademic é o título da súa obra conxunta composta por pezas de carácter visual e plástico cunha habilidade técnica que non podes deixar de apreciar, nas súas diferentes modalidades (debuxo, deseño, pintura, fotografía...).

Poderase visitar durante todo o mes de xullo, de luns a venres, en horario de 9:00 a 15:00 horas.