Exposicións

Etiquetas:
07/08/2023

A partir do 8 de agosto e ata o 8 de setembro poderá visitarse na sala das Antigas Carboeiras no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos a exposición de pintura de Alfredo Erias Martínez “Muller e poder en Roma”.

A mostra conta con 15 cadros do artista nado en Presedo (Abegondo). Erias Martínez é un historiador, pintor, debuxante e gravador galego que foi tamén director do Museo das Mariñas de Betanzos durante case 40 anos.

A exposición enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Cervo.

Etiquetas:
01/08/2023

Unha mostra histórica e outra artística poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e 6 de agosto respectivamente. Por unha banda, entre o martes 1 de agosto e o sábado 5 de agosto pode visitarse a exposición “Francisco Landín Pazos. Unha alborada para Ribadeo”, a cargo de Felipe Rea Otero, na oficina de turismo de Ribadeo. Neste caso está organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega.

Por outra banda, dende o 26 de xullo e ata o 6 de agosto poderán coñecerse tamén as pinturas de Janet Felton en “Reflexións” sobre Castropol e Ribadeo, que se atopa na sala de exposicións do Campo San Francisco. O horario de apertura será de 17.30 a 21.30 horas.

Ambas mostras contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
31/07/2021

As salas de exposicións do Concello de Cervo acollen dúas mostras de pintura no mes de agosto.

Unha das exposicións é conxunta de tres artistas: Ángel Picos, de Cedeira; Diego Pérez, de Viveiro; e Sergey Sozonov, de Yakutia (Rusia). Estará nas Carboeiras de Sargadelos ata o 30 de agosto.

A outra mostra está na Casa da Cultura de San Ciprián ata o 15 de agosto. Titúlase Azul e recolle obras da artista Blanca Dacal.