Agosto

Etiquetas:
10/08/2023

O Concello de Cervo celebrará as Festas na Honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 19 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde,  Mali Méndez, e por unha representación da Comunidade de Montes A Bidueira e  da A.C. Rego Cachón que organiza as Festas Patronais.

Os festexos arrincarán o luns 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Fuego e da Discomóbil Conxuro.

Xa o martes 15 de agosto, ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da Orquestra Tokio que repetirá na verbena á noitiña...

leer más
08/08/2023

A Casa da Cultura do Vicedo presentou recentemente a programación para este mes de agosto con diferentes actividades. Dende música ata deporte e pasando incluso por gastronomía.

Seguen os Mércores de natureza: serán o 16 de agosto coa xeoruta por Area Grande e Xilloi, o 23 de agosto cunha ruta nocturna entre as praias de San Román e a de Abrela e por último o 30 de agosto terá lugar unha subida do Río Sor en kayaks. Para máis información ou mesmo inscribirse, pódese contactar con 982-59-01-95 ou no correo electrónico omix@concellodovicedo.org.

O 11 de agosto ás 16.30 terá lugar o concurso de figuras de area na praia de Abrela. O 16 de agosto poderase gozar dunha degustación de produtos das rías galegas grazas á campaña de difusión dos mesmos. Será na praia de Xilloi...

leer más
Etiquetas:
01/08/2023

Unha mostra histórica e outra artística poden visitarse en Ribadeo ata o 5 e 6 de agosto respectivamente. Por unha banda, entre o martes 1 de agosto e o sábado 5 de agosto pode visitarse a exposición “Francisco Landín Pazos. Unha alborada para Ribadeo”, a cargo de Felipe Rea Otero, na oficina de turismo de Ribadeo. Neste caso está organizada pola asociación Amigos da Gaita Galega.

Por outra banda, dende o 26 de xullo e ata o 6 de agosto poderán coñecerse tamén as pinturas de Janet Felton en “Reflexións” sobre Castropol e Ribadeo, que se atopa na sala de exposicións do Campo San Francisco. O horario de apertura será de 17.30 a 21.30 horas.

Ambas mostras contan coa colaboración do Concello de Ribadeo.

Etiquetas:
28/07/2023

O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres na presentación da décima edición do Festival Bal y Gay. A cita, que un ano máis conta cunha achega da Deputación de Lugo por importe de 12.000€, se celebrará do 10 ao 24 de agosto en lugares emblemáticos da Mariña lucense. Así, serán escenarios da mellor música clásica o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Castelo de Castrodouro de Alfoz, o auditorio Hernán Naval de Ribadeo, o Mosteiro de San Salvador de Lourenzá, a Basílica de San Martiño de Foz, ou a Catedral de Mondoñedo.

Francisco Cajoto puxo en valor “a formación e a difusión musical deste evento único que ofrece concertos e experiencias artísticas nas que a música convive coa paisaxe e o patrimonio arquitectónico da provincia”, destacando que a cita enriquece a oferta cultural e dinamiza a economía da...

leer más
Etiquetas:
29/07/2022

O próximo luns,1 de agosto, serán inauguradas as exposicións “A Memoria do Son. Réplica dos instrumentos do Pórtico da Gloria a Catedral de Santiago de Compostela”. 

Os sons poderanse escoitar a través de códigos QR. E tamén a exposición "O Camiño de Santiago en Burgos". Ao mesmo tempo farase a presentación das Carpetas de Indumentaria Tradicional, unha actividade adicional nesta XLII Mostra Folklórica Internacional. 

As exposicións estarán abertas ao publico dende o 1 ó 8 de agosto na sala de exposicións do Concello de Viveiro / Biblioteca Municipal.

Etiquetas:
17/07/2022

O Concello de Viveiro organiza o próximo 9 de agosto, dentro da programación das festas patronais, un concerto da Banda de Música Municipal O Landro con Serafín Zubiri.

O concello continúa adiantando a programación das festas con este concerto tan especial, que servirá para rendir un tributo a Nino Bravo, con versións das súas mellores cancións.

O evento será ademais un concerto inclusivo, coa posibilidade de que as persoas xordas empreguen mochilas vibratorias para gozar da cita musical. 

“Será unha cita moi especial, na que unha vez máis buscamos que a cultura tamén sexa accesible para as persoas con diversidade funcional”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

 

Etiquetas:
19/08/2021

O grupo musical galego A Banda da Loba actuará na Pontenova este sábado, día 21 de agosto. O concerto será na Praza dos Fornos ás 21:30 horas.

A Banda da Loba é unha formación galega integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este proxecto. Destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk... e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito...

leer más
Etiquetas:
15/08/2021

O Concello de Cervo programa un curso de primeiros auxilios que se celebrará o 17 de agosto de 16 a 21 horas na Casa da Cultura en San Ciprián. E un curso de manipulador de alimentos que terá lugar o 18 de agosto de 17 a 21 horas tamén na Casa da Cultura de San Ciprián. 

Ambos son de balde. Prazas limitadas. Os dous cursos poden facerse de xeito independiente. 

As persoas interesadas poden anotarse vía whatsapp no 691 656 600 ou enviando un correo electrónico a dinamizacion@concellodecervo.com

 

Etiquetas:
04/08/2021

O Concello de Foz segue apostando pola cultura segura, amenizando os días dos focegos e os visitantes con actividades durante todo o mes de agosto.

A concelleira Inés López Couto explica que “a cultura é segura e debemos seguir apoiando a un sector que o pasou mal e que nos proporciona saber, lecer e vida. Uns profesionais dos que desfrutamos grazas á lectura, ás obras teatrais, aos filmes ou á música. A cultura dun país coma o noso, que é moi ampla e que nos trae beneficios mentais nun momento no que a saúde mental é fundamental despois do enorme sufrimento que levamos pasado pola pandemia mundial, debe seguir sendo bandeira dun concello coma Foz. Por iso na delegación municipal de Cultura continuamos traballando con autores e músicos locais e de toda Galicia, dando cabida na programación a músic@s, actrices e actores, escultores, mag@s e...

leer más
Etiquetas:
01/08/2021

O Concello de Viveiro acollerá durante o mes de agosto o programa ‘Veran(e)arte’, con espectáculos culturais pensados para un público familiar, con aforos limitados e un cumprimento estrito de todos os protocolos Covid-19.

“Apostamos pola cultura segura, como xa fixemos en meses anteriores, cun programa que inclúe actividades por todo o concello para todas as idades e tendo sempre moi en conta a necesidade de extremar as precaucións”, afirma a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández Noriega, explica pola súa parte que “terán cabida no programa todo tipo de expresións artísticas, desde circo, maxia, contacontos ou grupos musicias, cunha aposta moi clara pola cultura galega e local”.

O programa ten dúas modalidades, unha de espectáculos ao...

leer más