San Lourenzo
O Concello de Foz, en colaboración coa asociación O Noso Foz, organiza dende o día 6 de agosto e ata o 10 diversos actos para celebrar San Lourenzo nun ano complicado no que as actividades organizadas deben respectar os protocolos marcados pola Xunta de Galicia. O cartel foi presentado pola concelleira de Cultura, Inés López Couto, e Ángel Fernández Neira, de O Noso Foz.
Os pequenos eventos comezarán este venres coa inauguración da exposición de Otero Regal no CENIMA e a presentación do libro Auxías, de Paco Rivas, ás 20 horas para ás 21 horas continuar na Praza Rosalía de Castro co pregón e a actuación de Sons Varadero.
O sábado a actividade continuará con actuacións ás 13 horas na praza Conde de Fontao co grupo Atlántica e na praia da Rapadoira co grupo Los Rubios. Ás 20 horas o teatro de títeres chegará a Conde...
leer másAs festas de San Lourenzo, en Foz, celébranse do 7 ao 11 de agosto e serán pregoadas polo CB Celtas.
As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.
O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.
O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...
leer másMañá, martes, día 8, dará comezo en Foz o programa de actividades con motivo da celebración das festas de San Lourenzo, que se prolongarán ata o domingo 13. Serán pregoadas por Jesús J. Oroza Vila mañá ás 20 horas na Casa da Cultura. Ademais dos días 21 ao 26 deste mes haberá teatro ao aire libre e entre o 18 e o 20 celebrarase a Feira do Libro.
O concelleiro de Cultura en Foz, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “en plena temporada estival e co pobo ateigado de xente metémonos xa de cheo nas festas patronais do San Lourenzo. Esta semana dende o martes, día 8, e ata o domingo, día 13, haberá actuacións de todo tipo. Os días principais que son o día 9 e o día 10, teremos o día 9 ás orquestras Los Satélites e New York, e o día 10 a Gran Parada, que dará paso ás doce da noite á sesión de fogos artificiais na praia da Rapadoira, que é unha das...
leer más