O Why Not Here Fest, teatro e as verbenas do San Lourenzo son as principais actividades que haberá en Foz ata o 14 de agosto. Foron anunciadas pola Concellería de Cultura.

O Why Not Here Fest, teatro e as verbenas do San Lourenzo son as principais actividades que haberá en Foz ata o 14 de agosto. Foron anunciadas pola Concellería de Cultura.
 
Os concertos do Why Not Here Fest, as verbenas das festas do San Lourenzo e o teatro son algúns dos principais actos do programa de actividades previstos para esta semana en Foz, que anunciou a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
 
A edil popular contou que “o martes 9 teremos a partir das 22:30 horas, tanto na praza Conde de Fontao como na chaira do peirao, a gran festa verbena coas orquestras Gran Parada e Cinema. O mércores 10 é o Día de San Lourenzo e a partir das doce da mañá na igrexa parroquial de Santiago de Foz haberá misa solemne cantada polo coro parroquial de Foz e despois procesión acompañada polo grupo folclórico O Feitizo. A partir das 22:30 horas teremos a gran festa verbena, tamén na praza Conde de Fontao e na chaira do peirao, coas orquestras Costa Oeste e New York. E a partir das 00:00 horas hai que ir todos para o Paseo de Laredo, na praia de A Rapadoira, para ver o espectáculo de fogos de artificio, que este ano cambiámolo de hora e adiantámolo ás doce da noite”.
 
A responsable de Cultura focense engade que “o xoves 11 a partir das 16:00 horas no peirao teremos o festival Why Not Here Fest, ese día coas actuacións de Festicultores, Gonzalo Brown, Macaco e outros. O abono de tres días vale 56 euros e ese día a entrada é de 25 euros. As entradas están a venda en Ticketmaster e Abanca on line. No patio do Colexio número 1 a partir das 19:00 horas teremos un obradoiro de danza moderna impartido pola compañía Dríadas. Para anotarse hai que chamar á Delegación de Cultura do Concello de Foz no teléfono 982.14. 00.27 ata o mércores 10. A inscrición é aberta ata cubrir as prazas. Tamén no patio do Colexio Número 1 a partir das 21:00 horas teremos danza infantil con Dríadas e o espectáculo Ale-hop”.
 
Blach anuncia ademais que “o venres 12 a partir das 16:00 horas no peirao empeza unha nova xornada do festival Why Not Here Fest. Este día teremos a Def con Dos, Loquillo, Mago de Oz e outros, e o abono custa 30 euros. No patio do Colexio Número 1 ás 21:00 horas para nenos de máis de 3 anos teremos teatro infantil con Caramuxo Teatro e a obra Ceo; o espectáculo está inspirado en O Parrulo Feo, de Hans Cristian Andersen”.
 
Durante a fin de semana de festa a concelleira de Cultura engade que “o sábado 13 a partir das 21:00 horas no peirao, teremos de novo o festival Why Not Here Fest, nesta ocasión con Reincidentes, Soziedad Alkóholica e Siniestro Total. O abono deste día custa 30 euros. No patio do Colexio Número 1 estará Redrum Producciones coa obra Peludiño. En Marzán a partir das 20:00 horas nas catro calles, festa con sardiñada e queimada organizada pola asociación de veciños de Marzán”.
 
Finalmente Silvia Blach comenta que “o domingo 14 a partir das 10:00 horas invitarvos a todos a VIII Carreira Popular de Foz Run Foz Run. E ás 21:00 horas no patio do Colexio Número 1 teremos teatro infantil: Elefante Elegante coa obra Danza da Choiva”.