Verbena

24/03/2019

Unhas 40 orquestras actuarán de xeito gratuíto en Mondoñedo entre o 5 e o 7 de abril nun macro festival tributo á verbena, organizado pola Asociación Galega de Orquestras (AGO), que adoita celebrar cada ano a AGO e que serve de promoción ás formacións musicais de cara á tempada que comeza.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, xunto ao edil de Educación e Xuventude, Alberto García,acompañaron esta mañá ao presidente da Asociación Galega de Orquestras, Manolo Fariña, na presentación do cartel deste evento.

Alberto García agradece ao presidente da Asociación Galega de Orquestras que escollesen Mondoñedo para levar a cabo “na nosa cidade este macro festival que traerá ata a cidade as actuacións gratuítas, sen custo para o Concello, de grandes orquestras galegas, que dinamizarán durante estes días a localidade”....

leer más
Etiquetas:
14/08/2018

O programa das festas de Cervo ofrece este martes 14 de agosto, ás 20:00 horas, a XIII Festa do Ovo Frito e, ás 23:00 horas, a verbena co grupo Montreal.

O mércores, día 15, ás 13:00 horas, haberá a misa solemne cantada polo Coro Parroquial e posterior procesión. Ás 14:00 celebrarase a sesión vermú coa orquestra La Potencia, que volverá a actuar na verbena. Tamén pola noite ofrecerá un concerto La Década Prodigiosa.

O xoves 16 ás 12:30 horas terá lugar a misa solemne cantada polo Coro Parroquial e procesión. Ás 14:00 horas, a sesión vermú que correrá a cargo do grupo Alma Latina que, a partires das 22:00 horas, volverá actuar na verbena. 

E o sábado 18 ás 10:00 horas dará comezo o Mercado Tradicional. Ás 23:00 horas, terá lugar a representación da Queimada Popular e, a partires da unha da...

leer más
Etiquetas:
09/08/2016
O Why Not Here Fest, teatro e as verbenas do San Lourenzo son as principais actividades que haberá en Foz ata o 14 de agosto. Foron anunciadas pola Concellería de Cultura.
 
Os concertos do Why Not Here Fest, as verbenas das festas do San Lourenzo e o teatro son algúns dos principais actos do programa de actividades previstos para esta semana en Foz, que anunciou a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
 
A edil popular contou que “o martes 9 teremos a partir das 22:30 horas, tanto na praza Conde de Fontao como na chaira do peirao, a gran festa verbena coas orquestras Gran Parada e Cinema. O mércores 10 é o Día de San Lourenzo e a partir das doce da mañá na igrexa parroquial de Santiago de Foz haberá misa solemne cantada polo coro parroquial de Foz e despois procesión acompañada polo grupo folclórico O Feitizo. A partir das 22:30 horas teremos a gran festa verbena, tamén...
leer más
Etiquetas:
03/09/2015
El restaurante Moby Dick, de Barreiros, celebra este viernes, 4 de septiembre, fiesta del mejillón y verbena.
 
El restaurante cafetería Moby Dick, que está junto a la playa de Altar, en San Cosme de Barreiros, organiza la fiesta del mejillón y verbena este viernes, día 4 de septiembre.
El evento comenzará a las 8 de la tarde con degustación de mejillones y a continuación habrá verbena amenizada por el grupo Montreal.