O Concello de Barreiros oferta clases de baile os mércores a partir de xaneiro

O Concello de Barreiros oferta clases de baile dentro das súas actividades a partir de xaneiro. Realizaranse os mércores de 17 a 18 horas nos colexios vellos de San Miguel e de 19 a 20 horas no centro sociocultural de San Cosme. 

As clases estarán orientadas á iniciación nos bailes de verbena, con modalidades como tango, bachata, salsa, vals, merengue, bolero, etcétera. Serán impartidas do 10 de xaneiro ao 26 de xuño de 2024 por María Dolores González Alves, profesional recoñecida con anos de experiencia no baile e a docencia. E terán un prezo por persoa de 25 euros o mes.
 
Toda persoa interesada deberá facer a inscrición nas oficinas do Concello de Barreiros ata completar prazas. A ficha para apuntarse pódese descargar desde a seguinte ligazón: https://bit.ly/4737dF5.