Esteiro

Etiquetas:
03/08/2026

As festas de San Pedro Fiz celebraranse esta fin de semana, sábado 8 e domingo 9 de agosto, nas inmediacións da praia de Esteiro, en Xuances  (Xove) cun “completo programa de actividades para tódolos públicos”, anuncia o Concello, que engade: “na presentación do cartaz estaban Demetrio Salgueiro, alcalde de Xove; Cecilia Duarte e Mª Dolores Meitín, concelleiras de Turismo e de Cultura; acompañando a membros da Asociación de Veciños San Pedro de Xuances, que forman a comisión organizadora destas festas: Daniel Alonso, Eleodora López e José Meitín”.

O Concello de Xove anima á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nas festas patronais na honra a San Pedro Fiz, que se celebrarán os días 8 e 9 de agosto no campo da festa situado nas inmediacións da praia de Esteiro, “un dos areais máis fermosos e concorridos do municipio, distinguido...

leer más
Etiquetas:
02/07/2026

En Xove este sábado, día 4 de xullo, ás 12:00 horas a praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sostenibilidade e innovación do Resurrection Fest, que “continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical”.

O Concello de Xove explica que “durante a actividade voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas. A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 de Naciones Unidas (vida...

leer más