Culturais

Etiquetas:
22/10/2020

A Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que ten aberto ata o 28 de outubro o prazo de inscrición para as Escolas Deportivas Culturais da tempada 2020-2021.

Para participar nestas escolas é preciso ser socio da entidade e aquelas familias ou alumnos/as que se queiran incorporar como socios deberán poñerse en contacto coa xunta directiva da asociación para tramitar a súa inscrición de alta. A cota de socio é 10 euros ao mes por familia, en pagos semestrais, tendo dereito a participar en todas as escolas ou actividades organizadas pola ACD Xove, así como descontos ou gratuidade nas equipacións deportivas que se poñen á venda.

As escolas que se ofertarán para este curso son: patinaxe artística, xadrez, atletismo, bádminton, surf e pintura. Haberá tamén unha escola de natureza. 

Comezarán...

leer más
Etiquetas:
27/03/2020

A Xunta de Galicia, a través de todos os seus departamentos e centros dependentes da Consellería de Cultura e Turismo, propón durante este período de confinamento unha programación con abondosas actividades de lecer cultural en internet. Trátase de propostas pensadas para toda a familia que poden seguirse a través da campaña #aculturasegue en todas as redes sociais das súas dotacións da provincia de Lugo. Trátase dunha etiqueta á que o Goberno autonómico convida a sumarse ás institucións culturais do país, aos nosos creadores e a toda á cidadanía para compartir a nosa cultura.  

Así, o Arquivo Histórico Provincial de Lugo ofrece a posibilidade de visitar de xeito telemático a exposición Pontes, postigos e pasares, na que se atopan imaxes destes elementos estruturais da provincia. Así mesmo, este arquivo permitir coñecer virtualmente  a...

leer más
Etiquetas:
05/04/2017

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e  as edís de Cultura e Turismo, Dolores García Caramés, e Manuela Méndez, respectivamente, presentaron o programa da Semana Santa Cultural do municipio.

Unha axenda que se inaugurará este mesmo sábado co concerto do recoñecido arpista e músico polivalente Rodrigo Romaní, integrante durante máis de vinte anos do Grupo Milladoiro e que a partir do ano 2000 comezou a publicar discos en solitario.
A día de hoxe ten no mercado tres traballos: Albeida (2000), Cantos Caucanos (2003) e As arpas de Breogán (2012), e nestes intres está a preparar un novo disco que avanzará en primicia neste concerto.

Ademais, tal e como sinalou Caramés, “ao longo da semana proxectaremos películas para todos os públicos. Este mesmo domingo, por exemplo, será a quenda do filme a Praia dos Afogados,...

leer más