Emprendemento
Este venres, 17 de decembro, celébrase a III Gala do Emprendemento Local no Concello de Xove, organizada polo Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local.
Co obxectivo de poñer en valor o talento emprendedor e o apoio ao empresariado local no Salón de Actos municipal ás 20:30 horas o alcalde, José Demetrio Salgueiro Rapa, presentará a Gala na que intervirán Lucía Canoura de O Lugar das Marías e Alberto García de Signo Grupo Futures.
O evento estará amenizado pola cantautora Ugía (A Pedreira) que, ademais de cantar a canción TRISTRÁS, que a fixo televisivamente coñecida a cantora Sabela en OT, interpretará novas de recente composición. A artista focense afincada actualmente en Asturias está a piques de editar o seu novo álbum despois de 7 anos apartada do circuíto convencional da música. Chámase Segmento...
leer másO Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos completa a súa oferta cunha actividade do sector terapéutico e sociosanitario, bautizado como “Pasiños na lúa”, que ocupa o local número 3.
O edil de Formación e Emprego, David Rodríguez, que visitou este mediodía as instalacións, explicou que “con este novo proxecto cubrimos a totalidade dos locais que acondicionamos no edificio das Antigas Cabalerizas e que puxemos a disposición das persoas emprendedoras por un aluguer simbólico, que rolda os 20 euros mensuais”.
Rodríguez coñeceu de primeira man o novo centro terapéutico rehabilitador “Pasiños na Lúa” que abriu as súas portas esta mesma semana e que dirixe a terapeuta ocupacional e veciña deste Concello, Reyes Quelle, coa colaboración doutras catro profesionais. O centro...
leer másA Federación de Comercio de A Mariña (FCAM) organiza unha xornada informativa destinada a empresas e emprendedores. Esta actividade terá lugar o 5 de marzo no Cenima de Foz a partir das 12 do mediodía. A entrada é libre.
Baixo o título de Emprende, os conferenciantes facilitarán información sobre subvencións e axudas a empresas e emprendedores desde distintos organismos públicos e asociacións colaboradoras, entre outros asuntos. O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, subliña que “o obxectivo desta xornada é animar a emprender e que a xente se anime aos traspasos de negocios. Tamén se falará do mercado do aluguer e das axudas e subvencións ás que poden optar os emprendedores”.
Na xornada intervirán: José Carlos Paleo, presidente da FCAM; Antonio Dorrego, economista de 3A Consultores; Pilar Fernández, xefa...
leer másO Centro de Emprendemento acondicionado no edificio das Antigas Cabalerizas de Sargadelos amplía a súa oferta de actividades cun establecemento de fabricación e venda de táboas de surf artesanais e cun obradoiro creativo e estudo de tatuaxes.
O rexedor, Alfonso Villares, asinou esta mesma mañá o contrato coa persoa adxudicataria do local número 1, Alejandro Molina, que ten previsto desenvolver a partir de maio a súa actividade baseada na fabricación e deseño de táboas de surf artesanais, incluíndo tamén a creación de prendas relacionadas con este deporte.
En días atrás, tamén foi adxudicado o local número 2, que albergará un obradoiro creativo (costura creativa, complementos/decoración creativa…); zona de tenda e espazo para nais lactantes; e estudo de arte na pel e perforación, entre outras actividades.
... leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado da Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves en Burela na inauguración da tenda de produtos ecolóxicos A Leira, unha iniciativa da emprendedora Pilar López, que se materializou logo de que a promotora participase no curso de maduración empresarial do IV Campus do Emprendemento Sostible, organizado polo Goberno da Deputación.
Campos Conde destacou durante a súa intervención que “é unha satisfacción ver materializados as ideas emprendedoras en proxectos que xeran riqueza para a súa contorna” e lembrou que no IV Campus do Emprendemento Sostible participaron 80 persoas, das cales 70 foron alumnos de Formación Profesional e outras 10, emprendedores que, como Pilar, precisaban asesoramento sobre as súas ideas de negocio para iniciar a...
leer más
O Concello de Burela presentou hoxe unha nova actividade dirixida a mulleres, que se levará a cabo entre o 1 e o 10 de decembro. Trátase dunhas Xornadas Formativas para mellorar, mediante o uso das novas tecnoloxías, as capacidades de emprendemento e busca de emprego feminino. Están promovidas pola Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, e levaranse a cabo os días 1, 3, 5, 9 e 10 de decembro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións da Aula CEMIT na Casa da Xuventude. As interesadas poden facer as súas inscricións no Centro municipal de Información ás Mulleres.
Dende a Concellería de Igualdade recordan que “esta actividade formativa non só está dirixida ás veciñas do municipio, senón tamén a todas aquelas mulleres que proceden dos...
leer más