Tenda

Etiquetas:
05/08/2020

Na tarde de hoxe, mércores, inaugurouse en Lourenzá unha tenda especializada en roupa e material deportivo chamada Deportes Camiño Norte. A alcaldesa, Rocío López, e a concelleira Mercedes Dengra asistiron ao acto e a rexedora municipal destacou a importancia de que se abran negocios no municipio: “é unha aposta polo rural e é moi destacable que haxa emprendedores que se animen a abrir negocios, a pesar da situación que estamos vivido co Covid19”, manifestou Rocío López.

O propietario do establecemento é Jerónimo Gómez, natural de Jerez de la Frontera e veciño de Foz, onde ten a tenda Nº1 en Zapatillas. Explicou que decidiu abrir este negocio en Lourenzá porque considera que neste municipio hai demanda de material deportivo pois están funcionando varios clubs e ademais o Camiño de Santiago pasa xusto por diante do local, que está na...

leer más
Etiquetas:
28/05/2019

Este pasado venres inaugurouse en Ribadeo unha nova empresa, IMOTEC, que realiza instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos. 

A nova firma está na Avenida Ría de Ribadeo, número 57, enfronte ao supermercado Mercadona, e os seus propietarios son os irmáns Mélani e Iago Otero, que xa teñen anos de experiencia neste sector.

No acto inaugural os numerosos asistentes que se achegaron ás instalacións de Imotec puideron degustar un aperitivo e presenciar demostracións de novidades no sector como sistemas para a fichaxe de traballadores nas empresas, que agora é obrigatorio; de control de vivenda a través de smartphones, que permiten manexar desde o teléfono a iluminación, os electrodomésticos, as persianas, a auga, a seguridade por vídeo vixilancia, etcétera; de asistentes por...

leer más
Etiquetas:
08/10/2018

A histórica tenda ribadense Retales O Fuso, inaugurada no ano 1986 por Elva Díaz, acaba de reabrir este pasado fin de semana con nova xerencia, a cargo de Naroa Penedo. Pero o establecemento segue no mesmo lugar de sempre, na Praza de Álvarez Miranda, no casco vello de Ribadeo.

A nova xerente de Retales O Fuso explica que coñecía a tenda desde moi nena, porque “alí compraban sempre a miña nai e as miñas tías. Elva tivo a tenda durante 35 anos e pechouna con moito da súa xubilación, hai uns meses, e agora abrina eu”.

En Retales O Fuso teñen gran variedade de telas, patchwork, tapizados, cortinas, gasas, liño, etcétera, que venden ao peso ou por metro.

A tenda abre de martes a sábado en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 20:00 horas e os domingos desde as 11:30 ata as 14:00 horas...

leer más
Etiquetas:
22/06/2017

Do 23 ao 25 de xuño en Ribadeo terá lugar a campaña Os prezos arden, que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa). 

Os 35 establecementos participantes ofrecerán descontos e promocións especiais. Desde a directiva de Acisa explican que “os clientes deste comercios poderán atopar ofertas 2 x 1, a segunda unidade á metade de prezo e descontos que oscilarán entre o 20 e o 50% ou tamén descontos do IVE”.

O presidente do colectivo, David Martínez, indicou que “levamos a cabo esta campaña co fin de potenciar as vendas pre verán e pre rebaixas. Queremos incentivar aos clientes a que compren no comercio asociado con prezos máis asequibles, antes de que se inicien as tradicionais rebaixas de verán. O obxectivo é que a xente merque esta fin de semana en Ribadeo, do 23 ao 25 de xuño,...

leer más
Etiquetas:
16/06/2017

Chegan os Días Azuis do comercio galego a Ribadeo do 16 ao 30 de xuño. Trátase dunha iniciativa da Federación Galega de Comercio e da Xunta de Galicia en colaboración coas federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comercias abertos de toda a comunidade á que se suman Acisa e o Centro Comercial Aberto de Ribadeo. 

Nesta campaña poderán participar todos os clientes do comercio de proximidade que merquen nesas datas. Entre eles vanse sortear 16.000 euros en premios, distribuídos en 8 tarxetas prepago regalo de 500 euros cada unha, 20 tarxetas de 300 euros e 40 tarxetas de 150 euros. Eses agasallos deberán ser empregados para volver mercar nos establecementos tradicionais e asociados. O sorteo terá lugar o 5 de xullo ante notario.
O clientes de Acisa Ribadeo poderán participar nesta campaña dos Días Azuis enviando un...

leer más
Etiquetas:
04/05/2017

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, acompañado da Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, participou este xoves en Burela na inauguración da tenda de produtos ecolóxicos A Leira, unha iniciativa da emprendedora Pilar López, que se materializou logo de que a promotora participase no curso de maduración empresarial do IV Campus do Emprendemento Sostible, organizado polo Goberno da Deputación.

Campos Conde destacou durante a súa intervención que “é unha satisfacción ver materializados as ideas emprendedoras en proxectos que xeran riqueza para a súa contorna” e lembrou que no IV Campus do Emprendemento Sostible participaron 80 persoas, das cales 70 foron alumnos de Formación Profesional e outras 10, emprendedores que, como Pilar, precisaban asesoramento sobre as súas ideas de negocio para iniciar a...

leer más