Abriu as súas portas en Ribadeo unha nova empresa, Imotec, que realiza instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos.

Este pasado venres inaugurouse en Ribadeo unha nova empresa, IMOTEC, que realiza instalacións eléctricas, de domótica e de vídeo vixilancia, entre outros equipamentos. 

A nova firma está na Avenida Ría de Ribadeo, número 57, enfronte ao supermercado Mercadona, e os seus propietarios son os irmáns Mélani e Iago Otero, que xa teñen anos de experiencia neste sector.

No acto inaugural os numerosos asistentes que se achegaron ás instalacións de Imotec puideron degustar un aperitivo e presenciar demostracións de novidades no sector como sistemas para a fichaxe de traballadores nas empresas, que agora é obrigatorio; de control de vivenda a través de smartphones, que permiten manexar desde o teléfono a iluminación, os electrodomésticos, as persianas, a auga, a seguridade por vídeo vixilancia, etcétera; de asistentes por voz de Google ou Amazón; de mellora da seguridade, confort e accesibilidade para persoas maiores e discapacitadas, entre outros produtos.