Artes

Etiquetas:
01/11/2023

O Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, albergará un concerto polo Día das Artes Galegas 2023 dedicado ao autor medieval galego Martín Codax. Esta homenaxe está organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes. 

O concerto comezará ás 20:00 horas deste xoves, día 2 de novembro, e a entrada será libre ata completar capacidade. A música estará a cargo da soprano Beatriz Riobó e do pianista Alejo Amoedo.
 
Os artistas interpretarán as “Cantigas de Martín Codax” na versión de Margarita Viso; “Soedades”, de Marcial del Adalid, a partir dun texto popular; “As lixeiras anduriñas”, de Juan Montes con texto de Salvador Golpe; “Cantiga”, de José Castro Chané con texto de Curros Enríquez; e “Mayo longo”, de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro. O acto contará tamén coa introdución “Martín Codax, a identidade da música galega”, a...

leer más
Etiquetas:
07/09/2023

Melide, Mondoñedo, Portomarín, Ribadeo e Vimianzo súmanse este ano ás localidades de Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Santiago de Compostela e Viveiro como sedes do circuíto de funcións ‘Itinerario Constelacións’.

Máis escenarios, máis funcións, máis actividades e máis colaboracións. Camiño Escena Norte (CEN) celebra a súa quinta edición incrementando o intercambio de compañías, profesionais e públicos en Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra. O lema Vieiros que conflúen describe unha programación oficial que se celebrará do 17 de setembro o 22 de outubro, con 15 compañías de teatro, danza e artes do movimiento e novo circo, amosando os seus espectáculos en perto de 60 sedes que forman parte do Itinerario Constelacións.

A quinta edición do Camiño Escena Norte conta con importantes novidades, como a...

leer más
Etiquetas:
17/03/2022

O dia 21 de marzo ás 12 da mañá terá lugar o acto de presentación da 7ª Edición da Semana das Artes. Será na Sala de exposicións do Complexo de Sargadelos en  Cervo. Están invitadas a compartir dito acto, tódalas entidades colaboradoras : Xunta de Galicia (Cultura e Política Lingüística), Área de Cultura da Deputación de Lugo, Mancomunidade da Mariña e os Concellos de Cervo e Foz. 

Ao acto asistirá a familia de Quique Guerra, artista veciño de Cervo a quen se lle rende a homenaxe desta 7ª edición. Farase a presentación do cartel e os pormenores do desenvolvemento das actividades iniciadas no mes de xaneiro e que abarcarán ata o 17 de xuño inclusive.

 

Etiquetas:
23/03/2020

A asociación cultural Tá en Artes, facendo caso do cumprimento do illamento nos fogares da poboación, suspende todo tipo de actividade programada para datas próximas. 

Así mesmo, e en función do desenvolvemento dos acontecementos, propuxéronlle ás autoridades responsables trasladar as datas da homenaxe a Quique Guerra no seguinte calendario: 

- 1 de OUTUBRO de 2020, exposición na Sala da Carboeira de Sargadelos no Concello de Cervo. ( CONFIRMADO) 
- 8 de OUTUBRO de 2020, Semana das Artes da Mariña. CENIMA. Foz.  (SEN CONFIRMAR). 
- 5 de NOVEMBRO de 2020. Exposición de Centros Escolares da Mariña. CENIMA, Foz. (SEN CONFIRMAR). 
- Exposición Museo Provincial. (SEN DATA). 

Desde Tá en Artes engaden que “no momento que se formalicen as datas enviaremos nota da reprogramación...

leer más