Embarcacións

16/12/2015
A Peña Barcelonista San Miguel celebrará o vindeiro domingo, 20 de decembro, a súa comida de Nadal. Será en Benquerencia.
 
A Peña Barcelonista San Miguel celebra o vindeiro domingo, 20 de decembro, a comida de Nadal. 
Ademais do Nadal, a Peña celebra o seu aniversario, xa que aló polo ano 1997 un grupo de afeccionados ó Barça fundaron a Peña Barcelonista San Miguel, sendo o 20/12/1997 a data da Asamblea constituinte onde quedaría legalmente fundada. Dende aquela, 18 anos animando ó Barça por toda España e no estranxeiro, estando representada a peña en todas as finales de Champions nas que participou o Barça dende a fundación desta. 
A actividade da Peña non se limita só a viaxar para ver partidos de fútbol, todas as semanas se reúnen no Oliñas do Mar para ve-los partidos por TV, organizan torneos de básket, participan na organización de carreiras...
leer más
25/05/2015
A exposición sobre embarcacións tradicionais seguirá aberta en Viveiro ata o 30 de maio. Está organizada por Pensamento e Sementeira.
 
O colectivo viveirés Pensamento e Sementeira manterá aberta ata o vindeiro 30 de maio a exposición "As embarcacións tradicionais do arco Ártabro até Ribadeo".

A mostra pode visitarse en horario de mañá (de 11 a 14 horas) e de tarde
(de 18 a 20 horas ). Atópase na sala de usos múltiples do Concello de Viveiro, na praza Maior.