Carne de Porco
Cervo será o escenario da XVII Exaltación da Carne de Porco, “unha cita xa consolidada no calendario festivo e gastronómico do municipio que se celebrará o vindeiro sábado 20 de xuño da man da Asociación Cultural Airiños do Xunco”, anuncia o Concello de Cervo.
No acto de presentación participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e os concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, xunto a membros de Airiños do Xunco, na propia Praza do Souto, que será o escenario da cita.
A rexedora puxo en valor o labor que desenvolve Airiños do Xunco na dinamización social e cultural da parroquia e do conxunto do municipio: “é de xustiza recoñecer o enorme traballo que realiza Airiños do Xunco ao longo de todo o ano. Grazas ao compromiso das persoas que forman parte desta asociación, Cervo conta con actividades que...
leer másO concello de Cervo acollerá este sábado, 21 de xuño, a XVI Festa de Exaltación da Carne do Porco na Praza do Souto e tamén nos diferentes locais de hostalería de Cervo e Sargadelos.
A rexedora, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron o evento na Praza do Souto, que organiza este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo.
Ese día, desde o mediodía a hostalería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.
Os locais participantes son: O Caseto de Copa, O Almacén, A Taberna de Sargadelos e A Sacabeira.
Xa ás 20:00 horas dará comezo a festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza do Souto. Ademais sortearase un...
leer más




