Caderno

Etiquetas:
21/08/2023

O Seminario de Estudos do Valadouro, SEVA, presentará o vindeiro venres, 25 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo de Castrodouro un novo caderno, "Ditos e refráns do Valadouro", ilustrados por Xosé Blanco.

Ademais a exposición da súa obra permanecerá na Sala 2 do Castelo ata finais de outubro.  Lionel Rexes, autor da recompilación desta mostra da tradición oral da zona do Val do Ouro será o encargado de abrir o acto no que intervirán tamén Xosé Blanco, pintor e deseñador e membros da directiva do SEVA, entidade que desde 2012 traballa para a dinamización cultural de Alfoz e O Valadouro.   

O Concello de Alfoz, a través da Delegación de Cultura, colabora nesta proposta cultural, agradecendo a implicación do Seminario de Estudos do Valadouro na súa labor de por en valor e dar a coñecer a gran riqueza cultural,...

leer más
Etiquetas:
04/08/2019

O Seminario de Estudos do Valadouro vai presentar o seu Caderno Número 9. Trátase dun estudo sobre a figura do Mariscal Pardo de Cela, baseado no seu testamento, que fixo Antón Xosé Meilán García. A obra titúlase: "Os últimos días do Mariscal (o testamento e a Igrexa mindoniense)". 

O Caderno será presentado o vindeiro mércores, día 7 de agosto, ás 20:00 horas no Castelo do Castrodouro de Alfoz, coa presenza do autor, de Xesús Pisón, Responsable da Área de Sociedade do SEVA, e de Pepe Peinó, actual Presidente do SEVA. 

 

04/02/2018

Trátase dun estudo histórico feito polo Doutor en Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, Abel Vigo García. Este estudo, titulado O Valadouro: Prehistoria e Historia Antiga, está promovido polo coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e axuda a sistematizar a Prehistoria e a Historia Antiga do Valadouro.

O libro, con arredor de setenta páxinas, fai un percorrido ilustrado con fotografías das primeiras etapas históricas pola zona de Alfoz e O Valadouro, e inicia tamén unha nova etapa nos cadernos do Seminario de Estudos do Valadouro.

A presentación, que terá lugar o domingo 25 de febreiro, será ás 19:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro. Estarán presentes o autor, Abel Vigo García, o coordinador da Área de Sociedade do SEVA, Xesús Pisón, e o presidente do Seminario, Pepe Peinó.