Donativos

Etiquetas:
16/10/2023

Trinta e cinco negocios asociados a Acisa Ribadeo colaboran do 16 ao 22 de outubro coa recollida anual de donativos da AECC con motivo do día internacional da loita contra o cancro de mama.

A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Desde o 16 ao 22 de outubro un total de 35 negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo co día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde. Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por...

leer más
Etiquetas:
01/05/2023

O 6 de maio celébrase en Burela unha cea de cóctel para recadar fondos para a alfombra floral das festas patronais. 

O evento terá lugar no hotel Nordés a partir das dez da noite. A velada estará amenizada por Dj Chente. 

O prezo é de 30 euros, 25 destinados á cea e 5 euros coma donativo para a ofrenda floral. 

Os tíckets están á venda no hotel Nordés ata o 3 de maio. 

Etiquetas:
11/10/2019

Acisa colabora coa Asociación Española Contra el Cáncer realizando unha recollida de donativos do 12 ao 20 de outubro. Arredor de 80 establecementos contarán con huchas para que a clientela que queira poida deixar as súas achegas. 

Desde Acisa consideran que “colaborar e participar en campañas solidarias como esta é un deber moral, non nos costa nada e podemos axudar a moitas persoas, por iso a AECC e a súa agrupación de Ribadeo contan co noso apoio e a nosa colaboración”. 

Acisa dalle ás grazas “á AECC por contar con nós para levar adiante esta campaña. E queremos darlles a noraboa polo traballo que fan día a día axudando e apoiando ás familias e ás persoas afectadas polo cancro”. 

A campaña foi presentada este mediodía polo vicepresidente e polo xerente de Acisa, Juan Andina e Jesús...

leer más