Cancro

Etiquetas:
13/01/2024

A primeira andaina “Burela en marcha contra o cancro” celebrarase o domingo 4 de febreiro a partir das 11:00 horas, dende a Praza da Mariña ata a praia da Marosa, ida e volta. Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo coa colaboración do Concello de Burela.

A inscrición con camiseta ten un custe de 10 euros e pode facerse a través do link https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/marcha-burela ou de forma presencial: de luns a venres de 9:00 a 11:00 horas na sede da asociación organizadora en Burela, que está en Praza da Mariña, 13, 2º planta, local 32.

“Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. Para calquera dúbida ou aclaración podes chamar ao teléfono 658.872.196...

leer más
Etiquetas:
16/10/2023

A cita será o próximo xoves, 19 de outubro, ás 17:30 horas, e o punto de encontro será o Peirao de San Ciprián.

Os diferentes edificios municipais tamén se iluminarán de cor rosa, para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.

 

Etiquetas:
04/09/2023

Viveiro acolle este domingo, 10 de setembro, ás 10:00 horas unha marcha en favor das persoas con cancro. Baixo o nome de ‘Viveiro en marcha contra o cancro’, o evento fai un chamado á veciñanza do municipio a colaborar na loita contra esta enfermidade.
 
A saída da marcha terá lugar na Fonte de Covas, dende onde os e as participantes percorrerán aproximadamente 5 quilómetros para chegar ata Celeiro.

A Asociación Española Contra el Cáncer en Lugo organiza este evento solidario contando coa colaboración do Concello de Viveiro e co patrocinio de Solán de Cabras.

Etiquetas:
16/10/2022

O Concello de Cervo organiza, un ano máis, unha andaina con motivo do Día Internacional Contra o Cancro de Mama que terá lugar o vindeiro mércores, 19 de outubro, tal e como informa a edil de Sanidade, Mali Méndez.
 
O punto de encontro será no Peirao de San Ciprián ás 17:30 horas, e despois da andaina está prevista unha actividade de "Zumba Sentao" no parque Reina Sofía, se as condicións meteorolóxicas o permiten, do contrario será trasladada á sala de actividades múltiples da Casa do Mar.
 
Méndez tamén informou que os diferentes edificios públicos municipais se iluminarán de rosa, cor que simboliza a loita contra esta enfermidade.
 
Desde o Concello de Cervo animan a toda a veciñanza a sumarse ás diferentes actividades previstas, na medida do posible con indumentaria de cor rosa, "prendas que se entregaron nas andainas que...

leer más
Etiquetas:
05/10/2022

Coa colaboración do Concello de Viveiro, o vindeiro venres, 7 de outubro, ás 20,30 horas, no salón de actos da Casa do Concello de Viveiro, presentarase o libro "Un año contigo", de Raquel Amieiro e Pepe Peinó. 

Nel cóntase a historia de Raquel durante o ano 2019, en que se lle diagnosticou un tumor canceríxeno de mama, como foi pasando polos diversos tratamentos de quimioterapia, radioterapia e hormonoterapia e como conseguiu recuperar a saúde. 

Os beneficios obtidos pola venda do libro doaranse para a investigación na curación do cancro. O acto contará coa presenza dos autores e da psicóloga Teresa Pérez, así como do acompañamento musical do cantante Toni Cazás.

 

Etiquetas:
19/10/2021

Ribadeo súmase á campaña de Ecovidrio, da Fundación Sandra Ibarra, da Xunta e dos Concellos no día mundial da loita contra o cancro de mama. E faino coa instalación dun contedor rosa no parque de San Francisco para visualizar, divulgar e concienciar sobre esta enfermidade.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “hoxe, 19 de outubro, o Concello de Ribadeo súmase á campaña mundial contra o cancro de mama. É unha campaña de eido estatal, a través da Fundación Sandra Ibarra que colabora con Ecovidrio, á cal nos sumamos. É unha iniciativa a través de Ecovidrio e as comunidades autónomas, a través dos Concellos”.

O edil ribadense sinalou que “ten carácter de visualización e vai estar no parque San Francisco un contedor de cor rosa, identificativo con este día. Leva o lema de Coidate e coida o medio...

leer más
Etiquetas:
17/10/2021

O vindeiro martes, 19 de outubro, a Aecc Lugo (Asociación Española Contra o Cancro) e o

Concello de Barreiros organizan unha charla sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama. 

Será de 11 a 12 da mañá no centro sociocultural de San Cosme. 

A xornada é aberta para que asista o público en xeral.

Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Lourenzá organiza unha charla e instalará un photocall para conmemorar o Día Contra o Cancro de Mama o vindeiro martes, 19 de outubro.

A charla, sobre a vulnerabilidade en pacientes con cancro de mama, será ás 17:00 horas no centro de servizos sociais O Torreón dos Frades e correrá a cargo de representantes da Asociación Española contra el Cáncer.

Anunciouno a concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, quen ademais explica que “a fachada da Casa do Concello tinguirase de rosa un ano máis. Haberá tamén un photocall, que se instalará diante do quiosco da música, para que todas as persoas que queiran poidan sacar unha foto e subila as redes sociais co hashtag #sacapecho”.

 

Etiquetas:
16/10/2021

O Concello de Cervo organiza unha andaina en conmemoración do Dia Internacional contra o Cancro de Mama. 

Ás 17:30H a supervisora da unidade de cirurxía no Hospital da Costa de Burela, María Eugenia Rodríguez Barreiro, dará unha charla sobre a materia no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián.

A continuación iniciarase unha andaina con saída na propia Casa da Cultura.

Para a Concelleira Mali Méndez “é importante que, despois da pausa obrigada do ano anterior debido á pandemia, poidamos seguir levando a cabo esta andaina que xa se viña celebrando durante moitos anos”. Engade tamén que “desde o Concello de Cervo queremos aportar o noso pequeno grao de area á hora de visibilizar e crear conciencia sobre a importancia desta enfermidade que afecta diariamente a tantas mulleres”.

Etiquetas:
29/06/2021

A asociación Os Sendeiros de Foz organiza a II Andaina contra o Cancro, en colaboración con la delegación local da AECC, que terá lugar o 11 de xullo.

A marcha discorrerá polas rúas de Foz, cunha lonxitude de 5´7 quilómetros e rematará no porto onde haberá huchas para recoller donativos. A saída será ás 10:30 horas da praza do Concello.

Para participar é obrigatorio anotarse e pódese facer nos teléfonos: 606 718 482, 670 369 017 e 680 426 933. O prazo remata o venres, 9 de xullo.

Os organizadores levan a cabo esta iniciativa, un ano máis, para visibilizar a loita contra esta enfermidade e recadar fondos para esa causa.