CEIP Península da Paz
O Concello de Cervo pon en valor a iniciativa Corremos xuntos, chegamos xuntos, unha xornada deportiva e de convivencia organizada polo CEIP Península da Paz con motivo do Día Escolar da Paz, e que conta coa colaboración do Concello, coa que se pretende promover valores como a inclusión, a solidariedade e o respecto a través do deporte. A actividade, inicialmente prevista para o pasado 30 de xaneiro, cando se conmemora o día propiamente dito, tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas adversas e celebrarase finalmente este mércores, 4 de febreiro, nas pistas de atletismo municipais.
A iniciativa foi presentada nun acto no que participou a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, o concelleiro Adrián Arias, e representantes do CEIP Península da Paz, centro organizador do evento, así como representantes dos...
leer más



