Xornada

18/07/2026

A presidenta da Deputación de Lugo e alcaldesa de Burela, Carmela López, mantivo un encontro na praia da Marosa cos responsables da Federación Española de Surfing para ultimar a programación do Iberdrola Surfing Day Burela, un evento deportivo e divulgativo que terá lugar o vindeiro 12 de setembro neste areal mariñán. A Xunta de Goberno da Deputación aprobou contratar á Federación para levar a cabo a organización deste evento que desenvolverá actividades dirixidas tanto a deportistas como ao público en xeral.

Carmela López destacou que esta iniciativa representa “unha nova aposta da Deputación por combinar deporte, igualdade, promoción turística e respecto polo medio mariño, aproveitando o enorme potencial do litoral lucense”. Neste senso subliñou que “a praia da Marosa converterase no epicentro do surf feminino nacional e para...

leer más
Etiquetas:
02/07/2026

En Xove este sábado, día 4 de xullo, ás 12:00 horas a praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sostenibilidade e innovación do Resurrection Fest, que “continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical”.

O Concello de Xove explica que “durante a actividade voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas. A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 de Naciones Unidas (vida...

leer más
01/07/2026

O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza o IV Aberto a Carón da Lúa. Será este sábado, día 4 de xullo, na Praza dos Fornos.

“Aquí vos deixamos os horarios da xornada que temos preparada para o vindeiro sábado día 4 de Xullo na Praza dos Fornos da Pontenova, e á que estades todas e todos convidados: arrancamos as 17:00 horas cun Obradoiro de Billarda para grandes e pequenos que queiran probar este apaixonante xogo; a partir das 18:00 horas, xogos billardeiros (billarcesto, billarda por parellas, billarda de relevos, etcétera) para todos/as , Animádevos! Non se trata de ser o mellor, trátase de divertirse todos xuntos”, anuncia o club Troitas Bravas, que engade: “ás 20:00 horas pousamos os paláns e preparámonos para bailar ó son da música tradicional dos grandísimos músicos do Cuarteto Tradicional Illa Pancha, que veñen con...

leer más
24/06/2026

O Concello de Viveiro anuncia que a alcaldesa, Mariña Gueimunde, presidirá o luns 29 de xuño unha xornada divulgativa sobre a eclipse total de sol que terá lugar o 12 de agosto. A actividade, impulsada pola Deputación de Lugo, celebrarase ás 19:30 horas no Multiusos e contará coa intervención de Lucía González Cuesta, doutora en Astrofísica e divulgadora científica. A entrada será libre ata que se complete o aforo.

“O Goberno municipal apostou por que Viveiro formase parte desta programación divulgativa e facilitou a celebración da sesión no municipio, ante o interese científico, social e turístico dun fenómeno que situará á provincia de Lugo entre os territorios máis destacados para a observación da eclipse”, explica o Concello, que engade: “a alcaldesa Mariña Gueimunde mantén un especial interese por esta cuestión e por que a veciñanza...

leer más
07/05/2026

A Praza de Abastos de Ribadeo acollerá unha xornada sobre a Faba de Lourenzá, con elaboración de receitas e degustación. Será este sábado, día 9 de maio, ás 12:00 horas dentro do programa Gastropraza.

A asociación Cociñeiros Lugo explica que “a gastronomía galega tamén se constrúe dende o produto, o coñecemento e a maneira de compartilo. O vindeiro sábado 9 de maio ás 12:00 horas na Praza de Abastos de Ribadeo celebraremos unha nova cita de Gastropraza. Cociña de calidade no mercado, desta volta cunha xornada dedicada a un dos grandes tesouros da nosa despensa: a Faba de Lourenzá. Durante a actividade levarase a cabo a elaboración de receitas e degustación, poñendo en valor un produto emblemático da nosa terra, recoñecido pola súa calidade e pola súa fonda vinculación coa cociña galega. Será unha oportunidade perfecta para seguir achegando...

leer más
Etiquetas:
29/04/2026

O Concello de Cervo acollerá este venres, día 1 de maio, en horario de mañá a II Xornada de Atletismo Concello de Cervo, organizada pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello de Cervo, que reunirá nas pistas da Veiga a máis de 200 atletas de diferentes categorías chegados de toda Galicia.

Na presentación oficial do evento participaron a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e o delegado da FGA en Lugo, Pablo Gandoi, quen puxeron en valor “a importancia desta competición para seguir impulsando o deporte base e consolidar o municipio como sede de referencia para probas atléticas”.

A rexedora destacou “a firme aposta do Concello de Cervo polo atletismo e polo deporte en xeral, apoiando eventos que dinamizan o municipio, fomentan hábitos saudables e atraen a numerosas persoas deportistas e...

leer más
Etiquetas:
21/04/2026

A Xunta de Galicia e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) convocan en Ribadeo a xornada titulada Industria, emprego e innovación, un encontro para que empresas e administracións de Galicia e Asturias intercambien experiencias ante os retos similares que afronta este territorio. O delegado territorial, Javier Arias, participou este martes na presentación da cita, que terá lugar no centro de formación e experimentación agraria Pedro Murias, de Vilaframil, o 30 de abril, xoves, no marco do programa Conecta Lugo.

A Xunta explica que a xornada “estrutúrase en tres mesas redondas para expoñer as vertentes institucional, técnica e empresarial. Así, na primeira participarán os conselleiros responsables das áreas de medio rural e de industria nas dúas comunidades, María José Gómez e María Jesús Lorenzana por Galicia, e Marcelino...

leer más
Etiquetas:
20/03/2026

O Cenima de Foz acollerá o día 2 de abril, xoves, desde as 10:00 horas unha xornada para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Esta actividade está organizada por dúas nais focenses, Eva Fernández Rivas e Eva Rubiños López, que queren dar visibilidade a dita condición e explican: “formamos parte dunha sociedade cada vez máis plural, onde todos somos importantes e válidos e buscamos darlle visibilidade a unha parte da poboación que se esforza cada día por encaixar. Como non hai nada máis valioso que o coñecemento e a información veraz e coa finalidade de facer accesible a todo o mundo as estratexias necesarias para abordar, axudar e entender esta neurodiverxencia, nace esta iniciativa que se desenvolverá o xoves día 2 de abril as 10:00 da mañá no salón de actos do edificio do Cenima e que terá as 12:30 horas unha...

leer más
12/03/2026

Viveiro acollerá este venres, día 13 de marzo, unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino. Será na Sala Multiusos do Concello ás 20:00 horas.

O Concello de Viveiro anuncia: “dentro da programación do 8M, convidámosvos a unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino en diversos ámbitos da nosa sociedade. Contaremos coa presenza de referentes en sectores tan diversos como o gandeiro, o marítimo, a saúde, a enxeñaría ou a estratexia empresarial. Mulleres que, co seu exemplo e loita, lideran o territorio e os sectores estratéxicos”.

24/02/2026

Vilanova de Lourenzá acollerá este sábado, día 28 de febreiro, de 10:00 a 13:00 horas unha xornada formativa sobre o castiñeiro de froito.

Esta actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego, que anuncia: “para tratar de saber máis do potencial do cultivo e tratar de poñer os medios para que alguén que decida realizar unha plantación teña os coñecementos necesarios realizaremos esta charla no Salón de Actos do Concello de Lourenzá. Impartida pola Asociación Galega das Castañas e dos Soutos e coa colaboración do Concello de Lourenzá. A entrada é de balde”.