Fran Rei

Etiquetas:
19/04/2026

Fran Rei representará o espectáculo titulado Hamelin o día 23 de abril, xoves, na Casa da Cultura de Alfoz ás 15:00 horas. É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz para celebrar o Día do Libro.

“Teremos unha proposta moi especial: un espectáculo que mestura narración oral, maxia, música e humor, revisitando a coñecida lenda do frautista cunha mirada actual e inclusiva. Unha historia chea de imaxinación que fala de diversidade, responsabilidade e do valor de mirar máis alá das diferenzas. Un plan perfecto para desfrutar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz, que tamén explica que neste show haberá “narración oral, maxia, un chisco de música, lingua de signos e moito humor nesta particular revisión da lenda alemá de O Frautista de Hamelin”.

18/05/2025

Fran Rei ofrecerá o espectáculo titulado O conto de Barriga Verde no acto de entrega de premios do concurso das Letras Galegas de Alfoz o día 24 de maio, sábado, ás 19:30 horas na Casa da Cultura.

“Agardámosvos cunha divertida proposta para público infantil e familiar: O conto de Barriga Verde, da man de Fran Rei. Un espectáculo cheo de humor, maxia e tradición que fará as delicias dos máis pequenos e tamén dos maiores! Ao remate, terá lugar a entrega de premios do Concurso das Letras Galegas 2025. E todos os nenos e nenas asistentes recibirán un agasallo e un diploma pola súa participación!”, anuncia o Concello de Alfoz.