Frai Rei representará o espectáculo “Hamelin” o xoves 23 de abril en Alfoz para celebrar o Día do Libro

Fran Rei representará o espectáculo titulado Hamelin o día 23 de abril, xoves, na Casa da Cultura de Alfoz ás 15:00 horas. É unha actividade organizada polo Concello de Alfoz para celebrar o Día do Libro.

“Teremos unha proposta moi especial: un espectáculo que mestura narración oral, maxia, música e humor, revisitando a coñecida lenda do frautista cunha mirada actual e inclusiva. Unha historia chea de imaxinación que fala de diversidade, responsabilidade e do valor de mirar máis alá das diferenzas. Un plan perfecto para desfrutar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz, que tamén explica que neste show haberá “narración oral, maxia, un chisco de música, lingua de signos e moito humor nesta particular revisión da lenda alemá de O Frautista de Hamelin”.