Xove
O Concello de Xove anuncia que a celebración das festas patronais da parroquia de Lago na honra da Virxe do Carme e San Antón terán lugar os días 17, 18 e 19 de xullo de 2026 no Campo da Festa de Lago.
As festas darán comezo este venres, 17 de xullo, “cunha cita gastronómica moi agardada. A partir das 20.00 horas servirase un churrasco ao estilo Lago a prezos populares. A continuación celebrarase unha gran verbena amenizada pola Orquestra Salsarena e a Disco Móbil Conxuro. O sábado, 18 de xullo, a música continuará coa sesión vermú a cargo da Orquestra Galaxia. Pola noite, a verbena contará coa actuación da propia Orquestra Galaxia, que compartirá escenario coa Disco Móbil Conxuro, garantindo unha noite de festa e diversión. O domingo, 19 de xullo, último día das festas, celebrarase a misa solemne e procesión na honra da Virxe do Carme e San Antón, ás 13.30 horas. De seguido...
leer másA Asociación de Festexos A Medorra organiza un ano máis a XIII Festa do Percebe, unha cita xa consolidada no calendario estival do municipio e que terá lugar o sábado 18 de xullo na praza do Centro Cívico de Xove.
O Concello de Xove anuncia que “a xornada dará comezo ás 12.00 horas co acto inaugural e o pregón, que nesta edición correrá a cargo da conselleira do Mar, Marta Villaverde, quen será a encargada de abrir oficialmente unha festa dedicada á exaltación dun dos produtos máis apreciados da nosa costa. Ao longo de toda a xornada, veciños e visitantes poderán degustar percebe de excelente calidade, procedente das nosas costas, recoñecido polo seu extraordinario sabor e pola súa frescura, converténdose nun dos grandes protagonistas gastronómicos do verán mariñán. O ambiente festivo estará garantido coa animación musical de Os Charangos...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Turismo e Medio Ambiente, presenta o cartel das rutas guiadas que se levarán a cabo durante este verán co obxectivo de dar a coñecer a riqueza natural, xeolóxica, histórica e patrimonial do municipio. A iniciativa, organizada en colaboración coa empresa Rutas Galicia Norte, inclúe catro percorridos gratuítos que “permitirán aos participantes descubrir algúns dos espazos máis singulares de Xove dende unha perspectiva divulgativa e sostible”.
O programa desenvolverase entre os meses de xullo e agosto e inclúe as seguintes rutas: 16 de xullo, Ruta dos Muíños da A Rigueira; 30 de xullo, Os Acantilados de Papel, costa con narrativa; 7 de agosto, San Tirso de Portocelo, un enclave único; e 21 de agosto, Esteiro de Xove, unha xeoloxía singular.
... leer másEn Xove este sábado, día 4 de xullo, ás 12:00 horas a praia de Esteiro será o escenario dunha xornada de limpeza e monitorización de contaminacion plástica mariña organizada por Universal Plastic dentro da estratexia de sostenibilidade e innovación do Resurrection Fest, que “continúa reforzando o seu compromiso co territorio máis aló do ámbito musical”.
O Concello de Xove explica que “durante a actividade voluntarios e técnicos rexistrarán informacion sobre os residuos encontrados seguindo protocolos científicos, xerando datos ambientais que posteriormente serán integrados no espacio de datos ONDAS, unha infraestructura dixital desarrollada por Universal Plastic para transformar informacion dispersa en intelixencia útil para a toma de decisións públicas. A iniciativa enmárcase dentro dos obxetivos do ODS 14 de Naciones Unidas (vida...
leer másO Departamento de Deportes e Xuventude do Concello de Xove organiza unha festa acuática na praia de Lago. Será este sábado, día 4 de xullo, a partir das 16:30 horas.
“A diversión do verán chega á Praia de Lago! Este sábado 4 de xullo agardámoste na Praia de Lago (Xove) para desfrutar dunha espectacular festa acuática pensada para toda a familia”, anuncia o Concello de Xove, que especifica que haberá “inchables acuáticos, kaiaks e xogos e actividades na praia. Moita diversión e un ambiente inmellorable! Non perdas a oportunidade de pasar unha xornada inesquecible con amigos e familia”.
A praia de Esteiro, no municipio de Xove, acollerá cursos de surf desde este domingo, día 28 de xuño, ata o 2 de agosto.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural Deportiva Xove que anuncia: “os cursos de surf da ACD Xove regresan unha tempada máis para ofrecer unha experiencia única na Praia de Esteiro, tanto para quen queira iniciarse como para quen desexe seguir progresando sobre as ondas”. Para participar é imprescindible saber nadar e é unha actividade aberta a diferentes idades e niveis.
O prazo de inscricións está aberta ata este venres, o 26 de xuño, ou ata completar as prazas.
O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro; a concelleira de Servizos Sociais, Tamara Soto; e a primeira tenente de alcalde, María Dolores Meitín, acompañados por membros da directiva da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro (Rubén Sánchez e Alex Quintas), presentaron o cartel da festa de San Pedro, que se celebrará este sábado, día 27 de xuño, no campo da festa do Cruceiro. O Concello de Xove explica que esta celebración “supón a recuperación dunha verbena moi querida pola veciñanza da parroquia de Xuances, que levaba case 30 anos sen celebrarse. A iniciativa da Asociación de Festexos Alto do Cruceiro foi recibida con gran satisfacción polos veciños e veciñas, que ven nesta recuperación unha oportunidade para volver compartir unha das citas festivas máis tradicionais da parroquia”.
A programación dará comezo o sábado na igrexa de Xuances...
leer másO Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras na Casa do Cabo, en Morás (Xove). A xornada busca “impulsar o intercambio de experiencias e colaboracións entre proxectos emprendedores do territorio liderados por mulleres”. Será o luns 22 de xuño de 16:30 a 18:00 horas.
O Concello de Xove anuncia: “encontro de networking para mulleres emprendedoras: un espazo pensado para ti, que estás creando, impulsando ou soñando un proxecto propio na contorna do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo. Será moito máis ca unha xornada: será unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias reais do camiño emprendedor e xerar alianzas que poden abrir novas portas. A cita será na Casa do Cabo, en Morás-Xove, un lugar especial onde o mar e a terra se atopan ao carón...
leer másA Asociación Cultural Deportiva Xove anuncia que o próximo 9 de xuño ás 19:30 horas o Pavillón Municipal de Xove “acollerá a nosa Gala Fin de Curso, unha celebración na que as nosas patinadoras e patinadores compartirán co público o traballo realizado ao longo da tempada. Un espectáculo cheo de música, emoción, ilusión e patinaxe, no que participarán deportistas da ACD Xove e de Ortigueira Patinaxe Artística, convertendo esta cita nunha gran festa sobre rodas”.
A ACD Xove engade: “agradecemos a colaboración do Concello de Xove e o apoio de todas as familias que fan posible seguir medrando cada tempada. Agardámosvos para desfrutar dunha tarde moi especial e despedir xuntos este curso 2025-2026”.
O Concello de Xove comunica os premiados do concurso medio ambiental de fotografías Cal é o teu lugar preferido de Xove? E anuncia que a entrega de premios será o día 12 de xuño, venres.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta é de David Burgos Peloche e titúlase O último cura de Santirso (Din que o último cura de Santirso seguía gardando un libro antigo entre as ruínas esperando que alguén lembrase a súa historia).
Na categoría junior a foto con máis me gusta é de Marcos Mariño Ferrería, leva por título Cascada e é dunha cascada cerca do cemiterio da Rigueira.
E na categoría adultos a foto con máis me gusta é de Begoña Amor Ruiz e titúlase Conduciendo hacia la noche (atardecer en Esteiro, siempre transmite tranquilidad).
... leer más












