
A Aula de Formación do Concello de Xove acollerá un faladoiro sobre o uso das tecnoloxías o día 8 de abril, mércores, ás 19:00 horas.
O Concello de Xove explica que é un faladoiro en corresponsabilidade sobre o uso das tecnoloxías e límites conscientes no que se analizará o uso excesivo das tecnoloxías “non como o problema senón como síntoma de necesidades emocionais, relacionais ou de autorregulación non atendidas e estratexias para acompañar no uso dos dispositivos desde a corresponsabilidade”. Ademais anuncia: “pechamos o ciclo de Faladoiros en Corresponsabilidade! Tras o éxito das dúas sesións anteriores, chega a última cita deste ciclo tan enriquecedor. O vindeiro mércores 8 de abril celebraremos a terceira charla, na que seguiremos aprendendo ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas. Falaremos de corresponsabilidade, diálogo e traballo en equipo, creando un espazo aberto para compartir experiencias, resolver dúbidas e medrar xuntos/as. Non perdas esta oportunidade de seguir construíndo en comunidade!”.
A inscrición está dispoñible na web do Concello de Xove: www.xove.es.


