Faladoiro
No marco do programa Nnabata o xoves 23 de abril de 10:00 a 12:00 horas terá lugar na Casa do Concello de Burela un faladoiro informativo sobre o proceso de regularización extraordinaria recentemente aprobado e lexislado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. A sesión contará coa participación de persoal técnico especialista de Arraianas, entidade coa que o Concello de Burela colabora neste programa.
O Concello de Burela anuncia que “o faladoiro require confirmación previa de asistencia a través dos números de teléfono 698.18.32.14 ou 982.58.06.09 co obxectivo de facilitar a planificación da actividade”.
Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa, “valórase a posibilidade de realizar unha segunda sesión no caso de que exista unha elevada demanda de participación. Trátase de...
leer másA Aula de Formación do Concello de Xove acollerá un faladoiro sobre o uso das tecnoloxías o día 8 de abril, mércores, ás 19:00 horas.
O Concello de Xove explica que é un faladoiro en corresponsabilidade sobre o uso das tecnoloxías e límites conscientes no que se analizará o uso excesivo das tecnoloxías “non como o problema senón como síntoma de necesidades emocionais, relacionais ou de autorregulación non atendidas e estratexias para acompañar no uso dos dispositivos desde a corresponsabilidade”. Ademais anuncia: “pechamos o ciclo de Faladoiros en Corresponsabilidade! Tras o éxito das dúas sesións anteriores, chega a última cita deste ciclo tan enriquecedor. O vindeiro mércores 8 de abril celebraremos a terceira charla, na que seguiremos aprendendo ferramentas prácticas para mellorar as dinámicas familiares e educativas. Falaremos de...
leer másO Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove organiza un faladoiro titulado Coñece o teu ciclo menstrual. Será este venres, día 21 de marzo, ás 19:00 horas no salón de actos municipal.
Correrá a cargo de María González, matrona e fundadora do Centro M. “Neste taller María vainos proporcionar un autocoñecemento e unha visión positiva do ciclo menstrual da muller, para deste xeito poder obter ferramentas para xestionar o seu ciclo, entendendo cal é a normalidade e o que non é”, explica a organización desta actividade.
O Concello de Cervo anuncia que o martes 11 de marzo, dentro do programa Arruguiñas Charlando, haberá un faladoiro “no que se abordarán temas moi interesantes como a xestión do duelo e a perda, impartido pola coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda Susana Vázquez Fernández”.
Será ás 18:30 horas no local social da Asociación de Xubilados Terramar, na Casa do Mar, de San Ciprián. E a continuación da charla as persoas asistentes compartirá un chocolate.
O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acolle un faladoiro co escritor Miqui Otero este mércores, día 17 de xullo, ás 19:30 horas.
É unha actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca Pública de Alfoz, que vén de ler recentemente o seu último libro, titulado Orquesta, “unha novela rural clásica, ambientada nunha verbena que ben podería ser calquera das do noso concello”, explica o Concello de Alfoz, que engade: “se aínda non o liches está dispoñible na nosa biblioteca, non perdades a oportunidade de coñecer ao seu autor e de falar con el sobre a súa visión acerca desta nova novela”.
A asociación de veciños San Mamede das Oiras, coa colaboración do Concello de Alfoz, organiza un obradoiro de elaboración de xabón a partir de aceite usado de cociña, así como unha actividade para recuperar a memoria dos tempos dos lavadoiros públicos. Será o luns 27 de decembro e realizarase na Escola das Oiras, a onde os interesados en participar poderán desprazarse nun autobús, que sairá de diante da Casa do Concello ás 17:00 horas e volverá ao remate da actividade, que está previsto que finalice ás 19:00 horas.
Para participar nesta actividade, que é gratuíta e está dirixida a todas as franxas de idade, hai que inscribirse previamente no teléfono 982.558.001 (extensión 3).
A asociación veciñal San Mamede das Oiras tamén ten programada outra actividade, nesta ocasión para lavar á man, o día 29 de decembro,...
leer másA Comunidade de Montes Veciñais en man común de Loiba organiza este domingo, 17 de marzo, un faladoiro sobre o patrimonio do devandito monte.
A xornada, que terá lugar no centro social de Loiba, dará comezo ás 17:30 horas.
Trataranse os temas de O Camiño dos Arrieros e a Necrópolis de Penabranca, a cargo dos poñentes Bernardo Penabade, filólogo, mestre e escritor, e Pepe Riola, experto en camiños, historias e lendas de Ortegal.
O Camiño dos Arrieros comunicaba as areas da beiramar de Bares coas terras do monte Caxado, coñecidas de antigo polo nome de As Pontes de García Rodríguez. Foi unha ruta empregada durante séculos parta o transporte de mercadorías ao lombo de animais de carga conducidos polos arrieros, oficio que veu darlle nome ao camiño.
Ao remate das...
leer más









