
No marco do programa Nnabata o xoves 23 de abril de 10:00 a 12:00 horas terá lugar na Casa do Concello de Burela un faladoiro informativo sobre o proceso de regularización extraordinaria recentemente aprobado e lexislado polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións. A sesión contará coa participación de persoal técnico especialista de Arraianas, entidade coa que o Concello de Burela colabora neste programa.
O Concello de Burela anuncia que “o faladoiro require confirmación previa de asistencia a través dos números de teléfono 698.18.32.14 ou 982.58.06.09 co obxectivo de facilitar a planificación da actividade”.
Segundo explicou Mario Pillado, tenente de alcaldesa, “valórase a posibilidade de realizar unha segunda sesión no caso de que exista unha elevada demanda de participación. Trátase de garantir que todas as persoas interesadas poidan acceder a esta información en condicións axeitadas”, indicou.


