Gando
A Espiñeira, na parroquia focega de Vilaronte, celebrará unha nova edición da súa feira de gando o 18 de xuño, domingo.
Empezará ás 10:00 horas, ás doce do mediodía haberá pasarrúas e a partir das 13:00 horas, sesión vermú con música, cantina e pulpería. Ademais haberá inchables para os máis cativos.
Celebraranse carreiras de andadura e haberá premios para os mellores exemplares de gando.
A parroquia ribadense de Arante celebrará este sábado a primeira mostra de razas autóctonas. A Asociación de Veciños de Arante organiza, coa colaboración de Medio Rural da Deputación de Lugo, esta mostra que pon en valor o traballo de gandeiras e gandeiros e visibiliza as características diferenciais das razas autóctonas galegas e dos produtos derivados.
A mostra dará cabida a exemplares de rubia galega e outras razas bovinas autóctonas, ovella e cabra galegas, galiña de Mos, cabalo de Pura Raza Galega e Porco Celta, grazas á implicación das asociacións gandeiras Acruga, Puraga, Asoporcel e Boaga, que terán posto informativos na mostra.
A feira incluirá tamén venda de produtos agroalimentarios procedentes de razas autóctonas e de produtores da contorna, para poñer en valor as producíosn locais e fomentar o...
leer másGandeirías de Barreiros, Muras, Lourenzá, Valadouro e do Occidente asturiano participarán na Feira de San Rosendo, que se celebra esta fin de semana en San Miguel de Reinante, en Barreiros.
A área de Medio Rural da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran coa comisión organizadora desta feira tradicional que terá o seu día grande o domingo, co mercado gandeiro e vinte postos de artesanía e produtos agrogandeiros na Praza de San Miguel.
A apertura do mercado iniciará unha xornada na que, ademais da entrega de 2000 euros en premios aos mellores exemplares e lotes, acollerá outras actividades paralelas ligadas ao mundo do cabalo, como un certame morfolóxico, organizado por Puraga, que puntúa para o campionato galego, e unha xincana de xogos ecuestres, que conta coa colaboración de Xinetes de Remourelle...
leer másMuras celebrará o vindeiro domingo a trixésimo cuarta edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. A deputada Mónica Freire e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados por Isabel Casariego de Puraga, o tenente alcalde murés Mario Rouco e Benigno Gómez, presidente de Atila Amigos dos Cabalos, presentaron o programa da feira, que promociona a tradición gandeira do concello e do Xistral, que concentra unha parte importante do gando cabalar do país.
Manuel Requeijo destacou a variedade do programa que suma “ao mercado de compra e venda de gando cabalar e vacún diferentes actividades e espectáculos para divertir e entreter a todas as persoas que non teñan un interese directo na gandeiría” e avanzou que “o Concello está a traballar para que a Feira, que é de Interese Turístico Galego,...
leer másÁ area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 21 de agosto, a oitava edición da feira de gando, que se recupera despois de dous anos sen celebrarse. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira e do mercado tradicional será ás 10 da mañá e ás 16:00 horas comezarán as probas de andadura. A continuación terá lugar a entrega de premios.
No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos.
Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.
Despois duns anos de parálise por mor do COVID, o Concello de Foz anuncia que a Feira da Espiñeira volverá este domingo 19 de xuño no recinto habitual na parroquia de Vilaronte.
O alcalde, Fran Cajoto, explica que “ao gando habitual de vacas e cabalos sumaranse outros animais nunha xornada de festa que tivera unha gran importancia económica no seu momento. A feira, que fora recuperada no ano 1998 por parte dos veciños da Espiñeira despois de 20 anos sen celebrarse, continúa coa organización do Concello: é moi importante, cada vez máis, tamén para que os cativos teñan contacto coa natureza e a gandería. Vamos poder desfrutar dos animais, pero tamén haberá música co Dj Tapy García, cantina e, por suposto, unha pulpería para todos os que queiran pasar o día na Espiñeira”
A feira da Espiñeira celébrase de forma...
leer másO Concello de Viveiro organiza este fin de semana, días 7 e 8 de maio, coa colaboración de asociación de veciños de Galdo a tradicional Feira das Maulas, despois do parón obrigado pola pandemia do coronavirus.
A programación foi presentada esta mañá pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, o tenente de alcalde, Jesús Fernández, e membros da Asociación de Veciños Camiño de Galdo.
As Maulas naceron hai 300 anos como unha feira franca ou libre, na que os veciños de Galdo vendían aparellos de labranza, gando, pan, viño, panos ou froita.
“Un motivo de ledicia recuperar esta celebración, a Feira das Maulas forma parte de algo inmaterial e intanxible, de algo imprescindible en parroquias como Galdo: o sentimento de pertenencia”, explicou Loureiro.
A programación deste fin de semana...
leer másDespois do parón ocasionado pola pandemia do covid volven as Festas de San Rosendo.
O 5 de marzo, sábado, haberá misa solemne ás 12:30 horas (con procesión), a continuación actuación da sección infantil de O Arco da Vella e despois sesión vermú coa orquestra La Favorita.
Xa pola tarde ás 16 horas disputarase o aberto de billarda Flores-San Rosendo (xunto ao campo de fútbol de As Valgas).
Ás 21:30 horas dará comezo a verbena coas orquestras La Favorita e Gran Parada.
O 6 de marzo terá lugar a feira de artesanía e gando. Ás 11:30 horas será a chegada dos cabalos. Ás 12:30 haberá misa solemne (con procesión). Para as 14 horas está prevista a actuación do grupo de música folk Zurrumalla. E ás 17 horas haberá xogos ecuestres.
O evento...
leer másÁ area recreativa Os Castros, de Cangas de Foz, acollerá este domingo, 18 de agosto, a sétima edición da feira de gando anual. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración de Cabaleiros de Cangas, Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, Asociación de Veciños San Pedro e Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo.
A apertura da feira será ás 10 da mañá e ás 16:30 horas comezarán as probas de andadura, trote e carreira de burros. A continuación terá lugar a entrega de premios.
No recinto feiral poderá degustarse polbo á feira, xamón, churrasco e outros produtos. Durante a mañá haberá cabalos para paseos gratuítos, farase unha exposición de maquinaria e artesanía e o evento contará con animación musical a cargo dunha discoteca móbil.