Feiras
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da 867 edición das San Lucas de Mondoñedo, que contan unha edición máis co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo cunha achega de 20.000 euros.
No acto interviron a deputada de Cultura Iria Castro, o deputado de Medio Rural Daniel García, o presidente de As San Lucas, Miguel Paz, e o concelleiro de Cultura de Mondoñedo, Alberto García, e contou coa presenza de representantes da corporación municipal e da Xunta de Galicia.
Iria Castro salientou “a raíz gandeira e popular das San Lucas, que se ven celebrando desde 1156 e que recolle o pouso cultural e social de séculos de relaciónco cabalo e co medio natural” e fixo fincapé na “espectacularidade coa que esa tradición se reflexa na tradicional baixada cos cabalos, que abre as festas”....
leer másXa está listo o programa das Quendas 2023, que terán lugar en Mondoñedo do 28 de abril ao 1 de maio.
O pregón será o 28 de abril ás 21.00 horas no Auditorio Municipal Pascual Veiga. Correrá a cargo de D. Valentín Insua Palacios, Guía, Guarda, Sacristán e Campaneiro da S.I. Catedral Basílica de la Asunción de Mondoñedo e Ministro da VOT. E como remate terá lugar a actuación do Coro Mestre Pacheco da Escola Municipal de Música “O Pallarego” de Mondoñedo.
O 29 de abril celebrarase o I Encontro de Bandas de Escolas de Música da Mariña, no auditorio municipal a partir das oito da tarde. E pola noite na Alameda verbena coa orquestra Paréntesis e concerto, con entrada de balde, de Quinkillada.
O 30 de abril a verbena estará amenizada polas orquestras Mar D’Arousa e Waykas. E o 1 de maio...
leer másMondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas do 29 de abril ao 1 de maio. O amplo programa de actividades, que está a ultimar a Asociación organizadora, será presentado o nos vindeiros días.
O pregón, previsto para o 29 de abril, será pronunciado por Claudia del Pino, profesional do turismo, formadora e guía de turismo oficial, traballou na oficina de turismo de Mondoñedo e é colaboradora habitual da Asociación As San Lucas. Será no auditorio Pascual Veiga ás oito e media da tarde.
O 30 de abril, ás 20:00 horas e tamén no auditorio mindoniense terá lugar a comedia ‘Nais’ de Marc Egea e dirixida por Javier Mariño. Elena (Eva Iglesias) e Carla (Inma Morandeira) son as protagonistas desta comedia de enredo chea de situacións disparatadas. Ambas coñécense por casualidade na sala de espera...
leer másCo pregón que pronunciará Sonia Villapol arrincarán As San Lucas 2021 o vindeiro venres, 15 de outubro, en Mondoñedo.
Sábado 16. As 12.00 horas a Gran Final da XX Copa Galicia P.R.G. do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 13.00 horas celebrarase unha exhibición de doma de Alta Escola dos Cabalos de Pura Raza Galega. Ás 17.30 horas terá lugar o encontro folclórico nesta ocasión coas bandas de gaitas La Reina del Truebano e El Enxambre de asturianas, o Ardo da Vella de San Miguel; e Toxos e Froles de Ferrol. Pola noite, ás 21.00 horas será o concerto de Roi Casal e tamén a actuación ás 22:15 horas, na Alameda, de Tania Veiras Grupo, quen estará tamén o domingo ao mediodía no mesmo recinto.
Domingo 17. Haberá varios actos culturais e literarios, con homenaxes ante ao mauselo de Manuel...
leer másO Concello de Viveiro anuncia a celebración no municipio de diferentes eventos culturais, entre os que se atopan as Feiras do Libro e de Artesanía. Ademais, o goberno local, que dirixe María Loureiro, está a preparar unha extensa programación cultural para este verán, que incluirá a actuación de Guadi Galego.
"Apostamos pola cultura segura ao aire libre, organizando espectáculos no casco histórico, Celeiro ou Covas, e axudando ademais aos sectores máis afectados pola pandemia, como a hostalería", explica a alcaldesa de Viveiro.
Dunha banda, entre o 13 ao 22 de agosto, Viveiro acollerá a XXXVII Feira de Artesanía nos Xardíns Noriega Varela, que inclúe a numerosos profesionais deste eido.
Tamén no mes de agosto, os Xardíns Noriega Varela recibirán á Feira do Libro, que, como noutras...
leer másO conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e a presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, Pilar Rodríguez, asinaron un convenio polo que a Xunta colaborará con 120.000€ na celebración das 12 citas que compoñen este ano o calendario das Feiras do Libro de Galicia, das que o Goberno galego é a principal institución patrocinadora. O obxectivo deste apoio, enmarcado no Plan de reactivación para o sector cultural, é achegar o libro á cidadanía a través da exhibición, difusión e comercialización profesional.
O titular de Cultura da Xunta de Galicia salientou que este apoio reflicte o firme compromiso da Administración autonómica co sector cultural, pois asegura a realización de citas culturais que buscan dar a coñecer “o mellor das nosas letras mediante a promoción dos autores, o impulso de certames literarios e...
leer másO presidente da Asociación organizadora das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto, adiantou esta mañá que Mondoñedo celebrará este ano 2019 as feiras máis antigas de Galicia entre os días 17 e 20 de outubro.
Ademais de dar a coñecer os días da celebración das San Lucas 2019, Souto presentou o cartel anunciador dunha nova edición das feiras, que un ano máis é obra do autor mindoniense e Fillo Predilecto da cidade, Xosé Vizoso.
Souto quere agradecer de novo a implicación do mestre Xosé Vizoso. O cartel deste 2019é “unha nova obra de arte”, considera, que nesta edición representa a entrada dos cabalos na praza da Catedral e músicos tocando diferentes instrumentos sobre a balaustrada do monumento, moitos deles dos usados na interpretación da música celta como son a gaita, a arpa ou o violín.
... leer másMondoñedo celebrará as súas tradicionais feiras e festas de As Quendas entre o 29 de abril e o 1 de maio, cun programa de actividades que se converte “tanto, por un lado, nun incentivo ao noso patrimonio cultural” como tamén, por outro lado, “nunha clara aposta polos produtos de proximidade e polas nosas razas de gando”, tal e como anunciou esta mañá o presidente da Asociación As San Lucas, entidade organizadora das festas, xunto ao Concello e Mondoñedo.
A feira, unha das de máis tradición de toda Galicia, que dá comezo á tempada de feiras e festas, arranca o luns 29 de abril co pregón que este ano pronunciará no auditorio Pascual Veiga, ás 20:30 horas, a violinista da Orquestra Sinfónica de Galicia, Rebeca Maseda Longarela. Comezou os seus estudos na Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo, continuando a súa formación a nivel...
leer másAs Feiras e Festas máis antigas de Galicia foron presentadas hoxe en Santiago, na aula Gastrocultural da Praza de Abastos, rematando así coa súa difusión nas cidades que formaban o Antigo Reino de Galicia. No acto participaron o presidente da Asociación As San Lucas, Miguel Souto, a rexedora, ElenaCandia, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega. As San Lucas arrancan mañá cun amplo programa de cinco días no que se mestura tradición e modernidade.
Tanto a rexedora como o presidente da Asociación animaron a todos os asistentes a achegarse a Mondoñedo para desfrutar das San Lucas, “unha cita xa consolidada que cada ano congrega a un maior número de asistentes”.
Programa
O programa, que pretende chegar a todos os públicos combinando tradición e modernidade, desenvolverase entre o mércores día 17 de outubro e o...
O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Presidente da Comisión das Feiras e Festas das San Lucas, Miguel Souto Cabana deron conta, este luns, no Pazo de San Marcos, do convenio de colaboración entre as dúas entidades para promocionar as Feiras das San Lucas de Mondoñedo. Celébranse dende o ano 1.156 e están consideradas as máis antigas de Galicia e unha das mais antigas de Europa. Comezan o día 17 e rematan o 21 de outubro. Esta colaboración supón un investimento de 20.000 euros por parte do organismo provincial, convertendo así á Deputación no principal patrocinador desta cita.
Campos Conde remarcou que “dende o Executivo Provincial é un autentico privilexio promocionar unha feira con tanta tradición, xa que conta con 862 anos de historia, e esta considerada unha das mais antigas de Europa. E facémolo co obxectivo depromover,...
leer más