As Feiras e Festas de As San Lucas celebraranse en Mondoñedo do 15 ao 20 de outubro. Haberá feira de gando cabalar e concertos, entre outras actividades.

Co pregón que pronunciará Sonia Villapol arrincarán As San Lucas 2021 o vindeiro venres, 15 de outubro, en Mondoñedo. 

Sábado 16. As 12.00 horas a Gran Final da XX Copa Galicia P.R.G. do Concurso Morfolóxico de Cabalos e Eguas de Pura Raza Galega. Ás 13.00 horas celebrarase unha exhibición de doma de Alta Escola dos Cabalos de Pura Raza Galega. Ás 17.30 horas terá lugar o encontro folclórico nesta ocasión coas bandas de gaitas La Reina del Truebano e El Enxambre de asturianas, o Ardo da Vella de San Miguel; e Toxos e Froles de Ferrol. Pola noite, ás 21.00 horas será o concerto de Roi Casal e tamén a actuación ás 22:15 horas, na Alameda, de Tania Veiras Grupo, quen estará tamén o domingo ao mediodía no mesmo recinto.

Domingo 17. Haberá varios actos culturais e literarios, con homenaxes ante ao mauselo de Manuel Leiras Pulpeiro, e Pascual Veiga.Presentación do libro Crónicas das San Lucas. Pola tarde, ás 17:00 horas será o X Concurso de Andadura Galega Serrada e Chapeada de Cabalos e Eguas de 1,5 metros, no recinto da Granxa. Ás 19.00 horas, Antón Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo, presentará ‘Episodios de Mondoñedo’ no Auditorio Pascual Veiga. Ás 21:00 horas horas, terá lugar a actuación musical na Alameda co Grupo Beatriz.

18 de outubro. Será a Gran Feira Tradicional de Gando Cabalar. Durante a tarde, dende as 16:30 horas terá lugar tamén un concurso de andadura no recinto da Granxa. A nota musical virá a mediodía na Alameda da man de Jorge Ferre Band. Xa á noite chegan a Mondoñedo o trío de cantareiras Tanxugueiras, que ofrecerán un concerto na Praza da Catedral, ás 20.30 horas. Ás 22.15 comezarán as actuacións musicais na Alameda de Jorge Ferre Band e Cinema. 

19 de outubro. A orquestra Principal actuará na Alameda tanto o mediodía como a noite do martes, pasarrúas da charanga noroest, e haberá ademais un concerto audiovisual de Rafa Pérez no auditorio Pascual Veiga, ás 19.00 horas.

O mércores, 20 de outubro, no Auditorio Pascual Veiga ofrecerase unha obra para nenos e maiores, con títeres e música en directo de Micromina Títeres.