As festas de As Quendas, en Mondoñedo, celébranse o 30 de abril e o 1 de maio. Actuarán Gran Parada, Grupo Beatriz, Principal e Emilio Rúa

As festas e feiras de As Quendas, en Mondoñedo, celebraranse os días 30 de abril e 1 de maio, martes e mércores. Contarán coas actuacións musicais das orquestras Gran Parada, Grupo Beatriz e Principal, ademais do cantautor Emilio Rúa.

As actividades empezarán o martes 30 de abril ás 21:00 horas no auditorio Pascual Veiga co pregón a cargo de Suso Robles, mindoniense que foi traballador da Imprenta Sucesores de Mancebo. E a partir das 22:00 horas terá lugar a verbena, amenizada polas orquestras Gran Parada e Grupo Beatriz.

E o mércores 1 de maio haberá sesión vermú e verbena coa orquestra Principal. Tamén está programado un concerto acústico do cantautor Emilio Rúa, que será no auditorio municipal Pascual Veiga ás 20:00 horas con entrada de balde.

Ademais haberá festa de gando, a XL Festa da Empanada, concursos cabalares, mercado de produtos do campo galego e degustación nos locais hostaleiros de Mondoñedo de empanada, porco celta e poldro.