Karate

01/10/2018

O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.

Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.
Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.

 

24/05/2016
San Ciprián acollerá un campionato da disciplina de karate denominada nihon tai jitsu este domingo, 29 de maio.
 
O pavillón polideportivo do colexio de Galdín acollerá un campionato da disciplina de karate denominada Nihon Tai Jitsu este domingo, día 29, de 11 a 13:30 horas. O evento foi presentado polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e polo responsable da organización, Miguel Ángel Rojo. 
 
José Ramón Soto anunciou que “o próximo domingo, 29 de maio entre as 11 horas e as 13:30 o pavillón do colexio Cervo Número 1, de San Ciprián, en Galdín, acollerá un campionato de Nihon Tai Jitsu, competición aprobada e apoiada por la Federación Galega de Karate e totalmente gratuíta para todo o público que desexe asistir a presenciar o evento”. 
 
O edil de Deportes...
leer más
Etiquetas:
16/03/2016
A ACD Xove ofrece este domingo, 20 de marzo, unha exhibición de karate e presenta as rutas de sendeirismo para 2016.
 
A ACD Xove organiza para este domingo, día 20, unha exhibición de karate. Será a partir das 18:00 horas no Pavillón Polideportivo e correrá a cargo dos karatekas da Escola de Karate que farán demostracións de katas, kobudo, defensa persoal e distintas habilidades e exercicios técnicos. Xunto cos nenos e nenas da ACD Xove tamén participarán nesta exhibición alumnos e alumnas doutras Escolas de Karate da Mariña.
 
Tamén este domingo a ACD Xove presentará as rutas de sendeirismo que organiza para este año. Farao a través dunha presentación audiovisual feita por Santos Cordovilla e despois terá lugar unha charla-coloquio con todos os asistentes. Esta presentación será a partir das 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove....
leer más
16/12/2015
O pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, acollerá o 19 de decembro un campionato de karate na modalidade de katas nihon taijitsu.
 
O pavillón municipal da Veiga, en San Ciprián, acollerá este sábado, 19 de decembro, un campionato de kárate entre as 17 e as 19:30 horas organizado pola Federación Galega. José Ramón Soto, concelleiro de Deportes, explicou que a modalidade da proba é katas nihon taijitsu e que con ela se intenta dar a coñecer esta disciplina de orixe xaponés.
José Ramón Soto explicou que “é unha proba respaldada pola Federación Galega de Kárate. O acto é totalmente gratuíto para todos os públicos que desexen asistir ao evento. Acudirán participantes da Mariña Luguesa, ademais de A Coruña, Ourense e Lugo. Calcúlase unha participación de 30 competidores. É un campionato que ten carácter oficial e está organizado pola Federación Galega de Kárate, co patrocinio do Concello de Cervo. En dito...
leer más
Etiquetas:
27/05/2015
Este domingo, 31 de maio, celébrase en Xove o Trofeo de Promoción Karate, no que se darán cita varias escolas da Mariña.
 
Este domingo, 31 de maio, no pavillon municipal de Xove e a partir das 18:30 horas, a  Escola de Karate da ACD.XOVE, organiza o Torneo de Promocion de Karate,  ACD.XOVE-2015, onde compitiran todolos alumnos da Escola, asi como alumnos invitados de outras Escola de Karate de A Mariña.
Os xovenes Karatekas compitiran nas disciplinas de Kata, Kumite, Kobudo e Kendo, asi mesmo farán unha desmostración de Defensa Personal. 
A organización do  evento correo a cargo da Escola de Karate da ACD.XOVE, baixo a dirección e coordinación do maestro Eladio Esteban Santalla. Patroncina: ACD.XOVE. Colabora: Concello de Xove.