O 6 de outubro haberá unha exhibición de karate no centro sociocultural de Barreiros. Nas vindeiras semanas celebrarase un curso deste deporte.

O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.

Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.

Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.
Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.