Exhibición
01/10/2018
O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro.
Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros.
Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149.
Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.
19/11/2015
Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente, e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que de desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no Centro Sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que entre as 17:45 e ás 18:45 horas será a de baile moderno. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude.
... leer más