O 27 de abril terá lugar no pavillón municipal de Ribadeo unha exhibición de jiu-jitsu xaponés

O pavillón municipal de Ribadeo acollerá o 27 de abril unha exhibición de Jiu-Jitsu Xaponés. Será a partires das 19 horas. 

No evento deportivo participarán alumnado e profesorado das Escolas de Ribadeo e Vegadeo. A exhibición está organizada pola asociación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo e FEJJYDA coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

Participaron na presentación o alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o técnico de Deportes, Iván López, e Miguel Ángel Villanueva, presidente da asocicación EO DO Jiu Jitsu Comarca del Eo.