Xeorutas

20/03/2024

A Concellería de Turismo de Burela ten organizado diversas actividades para complementar a programación central da Semana Santa no municipio. Realizaranse dúas XeoRutas e varias visitas ao barco-museo “Reina del Carmen”.

“Por unha banda, para seguir promovendo as XeoRutas, que tanto éxito tiveron anteriormente, vaise facer unha nova XeoRutao xoves 28 de marzo pola zona do Perdouro, de 10:30 a 13:30, e outra pola zona da Marosa o sábado 30 de 16:30 a 19:30”, explica o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey.

O roteiro do Perdouro percorrerá 3,2km “polo conxunto de pregues mellor conservado de Galicia, camiñando baixo arcos rochosos”. O da Marosa será de 7,8km con dificultade baixa, e permitirá descubrir a orixe dos granitose das “formas tan caprichosas que se atopan nesta parte da costa de Burela”.

... leer más
11/03/2024

O vindeiro mércores, 13 de marzo, terá lugar unha nova xornada de formación en xeoturismo, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Estará destinada a anfitrións e xestores de turismo dos concellos. 

A cita desenvolverase entre as 9:45 e as 19:00 horas no salón de conferencias, en Burela, sendo a asistencia á xornada de tarde opcional. O equipo docente estará formado por Fran Canosa, xeólogo e impulsor do turismo xeolóxico en Galicia, e Iván Rodríguez, doutor en xeoloxía e guía de xeoturismo. 

Deste xeito continúa o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro, e que se enmarca no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo. ...

leer más
02/02/2024

Os días 20, 21, 27 e 28 de febreiro terán lugar as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo que teñan intención en traballar no territorio da Mariña como guías de actividades xeoturísticas. Deste xeito continuará o programa de Xeoturismo da Mancomunidade, que arrincaba o pasado mes de decembro. En febreiro tamén están previstas dúas novas actividades de xeoturismo: unha por Burela o 17 e outra por Foz o 24. 

O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade - co apoio da Deputación de Lugo -, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

Desde a Mancomunidade a súa presidenta, Rocío López, explica que “as xornadas de formación en Xeoturismo para guías e empresas de turismo activo serán os días 20,...

leer más
Etiquetas:
04/01/2024

Os días 13 e 20 de xaneiro seguirá en Ribadeo e na Pontenova o programa de Xeoturismo da Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense. A inscrición para participar está aberta. 

O programa de Xeoturismo enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística 2022-2024, que está cofinanciado pola Mancomunidade, co apoio da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

O devandito programa, que deu comezo o pasado 30 de decembro, inclúe rutas e visitas xeolóxicas guiadas, tamén con motivo do Xeolodía, e formación. A adxudicación recaeu nun equipo técnico e consultor conformado por expertos guías, xeólogos e intérpretes do patrimonio coordinados pola empresa de turismo activo e axencia de viaxes Volta Montana.

A xerente do PSTD, Tania Hermida, explicou que “avanzamos no...

leer más
18/07/2023

Ribadeo ofrece visitas guiadas polo seu pasado ilustrado, indiano e antigo. Este verán tamén volven as Xeorutas. A programación foi presentada polas concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo.

A responsable de Turismo contou que “a Concellería de Turismo ofrece un ano máis durante a tempada estival as súas visitas guiadas. Estas distribúense ó longo de toda a semana e ofrécense de forma gratuíta a todas as persoas interesadas, tanto residentes como visitantes. Para poder formar parte delas só se require inscrición previa, que se pode realizar a través da páxina turismo.ribadeo.gal”.

Marta Saiz explicou que “as visitas divídense en dous grupos, dependendo da ubicación do percorrido: as que discorren polo casco histórico e as xeolóxicas polo litoral, mais coñecidas como Xeorutas. Entre as...

leer más
Etiquetas:
27/06/2023

Burela de Ruta Verán 23 é a oferta turística do Concello para este verán, que foi presentada este mediodía no Barco Museo Reina del Carmen. Trátase dun conxunto de visitas guiadas coas que se pretende dar a coñecer e poñer en valor o extenso patrimonio mariñeiro, o singular patrimonio xeolóxico, declarado geosite, e o patrimonio artístico-cultural, fomentando así un turismo de calidade, sostible e slow, para poder coñecer en profundidade o territorio, a súa esencia e idiosincrasia.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, contou que “son actividades que se implantaron por primeira vez o ano pasado e funcionaron moi ben, polo que entendemos que temos que seguir nesa liña. Algunha xa leva varios anos funcionando, como as rutas da lonxa, que é unha das actividades con máis éxito e que máis lles gusta á xente e temos moita afluencia a elas...

leer más
29/03/2023

Volven as Xeorutas durante a Semana Santa. Serán os días 5 e 8 de abril. Ademais estarán abertos o barco museo e o oficina de turismo, segundo deu a coñecer o edil Ramiro Fernández. 

O concelleiro de Turismo indicou que “de cara á próxima Semana Santa, que xa está chegando, desde a Concellería de Turismo vamos poñer en marcha unha actividade que está tendo moito éxito: as rutas xeolóxicas. Preparamos unha ruta xeolóxica para o mércores 5 de abril a partir das catro e media da tarde, que vai comprender a área de A Marosa, onde nos explicarán as características xeolóxicas desa zona. E para o sábado 8 de abril pola mañá, porque a zona do Perdouro depende das mareas para ser visitada, temos planeada outra ruta para toda esta xente que vai vir visitarnos nesta Semana Santa, que esperamos que sexa moita. Esa ruta empezará ás 10 e media da mañá...

leer más
07/04/2022

O Concello de Burela organiza as Xeorutas de Semana Santa que se celebrarán os días 15 e 17 de abril.

O venres 15 de 10:30 a 13:30 horas terá lugar a Xeoruta do Perdouro. O domingo 17 de 16:30 a 19:30 horas desenvolverase  a Xeoruta da Marosa.

As saídas serán da Oficina de Turismo, no porto de Burela. As persoas interesadas poden inscribirse no Concello de Burela, no teléfono 982 586 000, ou en rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com.es. 

 

Etiquetas:
26/07/2021

O mércores ás 10:30 horas, aínda queda algunha praza libre, para a xeoruta que guiará o xeólogo Fran Canosa nas praias de Area Grande e Xilloi. A actividade é gratuíta. 

Por outra parte, o sábado ás 22 horas, na explanada do antigo varadoiro, terá lugar o espectáculo de Andrea Pousa: "Retorno". Cumpriranse todas as medidas de aforo e distancia establecidas nas normativas da Xunta de Galicia. Esta actividade tamén é gratuíta.

 

Etiquetas:
28/05/2021

As Concellerías de Turismo e Medio Ambiente presentaron o calendario das Xeorutas do verán de 2021, que se desenvolverán durante 22 días desde principios de xullo ata mediados de setembro. 

O edil Ramiro Fernández Rey explicou que “desde as Delegacións de Medio Ambiente e de Turismo vimos de presentar as Xeorutas deste verán de 2021. Este ano decidimos apostar fortemente por este tipo de turismo activo, xa que as edicións anteriores deron uns resultados moi bos estas actividades. Neste 2021 decidimos reforzar as Xeorutas. Imos ter dúas semanais desde xullo ata setembro e en total serán 22 días de rutas durante todo o verán”.

O concelleiro de Turismo contou que “esta é unha das principais novidades que imos ter no ámbito turístico durante este ano, pero estamos planificando outras actividades, que agardamos que...

leer más