Vendaval Fest

23/07/2026

O deputado provincial de Mocidade, Daniel García, achegouse ao recinto do Vendaval Fest, de Ribadeo, onde a Asociación Catro Caños traballa nos últimos preparativos para a cuarta edición do festival, que se celebra este venres e sábado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que anuncia: “Dakidarría, The Real Mckenzies, El Drogas, Hamlet, Benito Kamelas, Ruxe Ruxe, Hermana Furia, Ochobre, Las Moskas Retrompeteras, The Lizards e Demenzia Social completan o cartel do festival,  con concertos a partir das 18.30 horas no recinto do festival. A música tamén chegará as rúas ribadenses, con actuacións gratuítas pola vila o sábado 25 ao mediodía da man das bandas tributo Lija&Terciopelo e La Green River Band”.

Daniel García valorou o traballo da organización, que “puxo Ribadeo no mapa de festivais que temos na comarca e no...

leer más
Etiquetas:
21/07/2026
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo colabora coa cuarta edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila días 24 e 25 de xullo, venres e sábado desta semana.
 
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “establecementos asociados a Acisa ofrecerán descontos especiais os días 24 e 25 de xullo aos asistentes á cuarta edición do Vendaval fest. Esta é unha actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios e locais de hostalaría con diferentes descontos e prezos especiais”.
 
O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, contou que “con motivo desta nova edición do Vendaval Fest, o equipo organizador do festival propúxonos repetir esta actividade na que se implican os negocios locais e polo tanto benefícianse da esperada chegada de...
leer más
26/03/2026

A primeira Loita de Bandas do Vendaval Fest terá lugar no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 28 de marzo, desde as 21:30 horas.

A organización deste evento anuncia que “seis bandas subirán ao escenario do Cine Teatro para loitar polo seu oco no Vendaval Fest 2026: Farrapos da Ghaita, The Twinpims, Las Moskas Retrompeteras, Söax, ⁠Skuld e ⁠Ribanos”. Haberá votación de xurado profesional, votación mediante a app do festival para o público e votación da organización, que engade: “prepárate para unha noite de música, enerxía e moita, moita treboada … A tormenta do Vendaval comeza aquí”.

O prezo da entrada en venda anticipada (na web...

leer más
Etiquetas:
17/07/2025

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo colabora coa terceira edición do Vendaval Fest, que se celebra na vila os días 25 e 26 de xullo.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “máis de 20 establecementos asociados a Acisa ofrecerán descontos especiais os días 25 e 26 de xullo aos asistentes á terceira edición do Vendaval fest. Esta é unha actividade da nosa asociación en colaboración cos organizadores deste festival. Participan comercios, locais de hostalaría, hoteis... con descontos que van dende o 10 ao 30% a maiores das rebaixas nos comercios participantes, 2x1, prezos especias en consumicións como cañas ou copas, descontos en comidas ou combos especiais de comida e bebida, son so algúns exemplos”.

O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez...

leer más
10/05/2025

O salón dos alcaldes acolleu a presentación da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrará en Ribadeo do 25 ao 27 de xullo. 

O alcalde, Dani Vega, subliñou “a colaboración do Concello coa organización do Vendaval Fest, que tamén conta co apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, de entidades como Acisa e de patrocinadores privados”.

O rexedor dixo que “é unha satisfacción que un colectivo de rapazas e rapaces novos organicen esta cita musical e outras moitas actividades ao longo do ano. Como por exemplo O Galiñeiro, a Festa da Ría ou a Pre Festa de Fin de Ano. Co Vendaval colaboramos e noutras actividades organizamos xunto á asociación Catro Caños”.

O deputado de Mocidade, Daniel García, parabenizou á organización por “poñer Ribadeo no mapa de...

leer más
04/05/2025

O programa do festival ribadense Vendaval Fest 2025 será presentado cun evento musical que se celebrará o día 10 de maio, sábado, a partir das 21:00 horas na Zona Vella de Ribadeo, concretamente na praza José María López.

Os organizadores anuncian: “o vindeiro sábado, 10 de maio, queremos celebrar con todos vós a presentación do cartel por días do Vendaval Fest 2025. Da man dos fantásticos Cabuxa Blue e do mítico Cherry Guelín, que nos deleitará coa mellor selección rock”.

Etiquetas:
15/04/2025

O cartel completo do Vendaval Fest 2025, que se celebrará en Ribadeo os días 25 e 26 de xullo, acaba de facerse público e está encabezado polo grupos Lendakaris Muertos, Boikot e Reincidentes. Tamén actuarán The Mothercrow, Aphonic, The Grassland Sinners, Skama La Rede, Sandford Music Factory, Cuarta Xusta, Secta, Rienda Suelta, Mecanica Rollind Band, DJ Tralla e DJ Atómica.

O festival terá lugar no aparcamento situado nas inmediacións da rotonda do bote Juanín e as entradas están á venda na web www.vendavalfest.com.

10/04/2025

Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Beetle Judge e a formación The Ninetines Rock the Machine, de San Sadurniño, actuarán no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 12 de abril. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas.

A entrada anticipada ten un prezo de 8 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 10 euros, pero para os menores é gratuíta.

 

13/01/2025

O grupo de death metal melódico Aneuma, da localidade asturiana de Puerto de Vega, actuará en Ribadeo o día 15 de febreiro, sábado, para presentar o seu novo espectáculo.

Será no Cine Teatro ribadense dentro do ciclo musical do Vendaval Fest. A apertura de portas está anunciada para as 22:00 horas

As entradas poden mercarse na web www.woutick.com e na taquilla do Cine Teatro Ribadeo o día do concerto.