Presentación

Etiquetas:
17/09/2025

O coñecido xornalista Fernando Jáuregui presentará mañá, xoves, o seu último libro El cambio en 100 palabras. ¿Cómo serán nuestras vidas en 2050?. Será ás 20 horas no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.

Fernando Jáuregui foi columnista en varios periódicos de tirada nacional, foi e é comentarista político en tertulias radiofónicas e televisivas e ocupou a subdirección dos servizos informativos de Telecinco, onde dirixiu o espazo Mesa de Redacción. 

Ten publicado uns vinte libros. O último será o que presente en Ribadeo mañá. 

A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “en Ribadeo seguimos acollendo a presentación de diferentes publicacións e libros, actividades que forman parte da nosa oferta cultural. Animamos á veciñanza do noso concello e da contorna a que se acheguen a...

leer más
Etiquetas:
26/08/2025

Este mércores, 27 de agosto, ás 20:00 horas terá lugar na Biblioteca El Viejo Pancho de Ribadeo (rúa Antonio Otero, 19) a presentación do libro Salir al mundo. Guía práctica de vida diplomática, de Pedro Calvo-Sotelo Ibáñez-Martín.

O acto contará coa intervención de Carlos Álvarez Lebredo, Luis Fernández-Cid e o propio autor da obra.

A publicación ofrece unha visión práctica e divulgativa sobre a vida diplomática. A entrada é libre ata completar aforo.

 

Etiquetas:
06/08/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves, 14 de agosto, ás 20:30 hora no salón de actos do Cenima de Foz a presentación do libro de Martín Fernández Vizoso, Memoria de Mariñáns, que recolle 75 traballos sobre a emigración da Mariña ao continente americano.
 
O xornalista e estudoso Martín Fernández Vizoso “achegará na súa intervención 13 investigacións sobre emigrantes focegos en Arxentina, Cuba ou Filipinas. As mesmas permiten reconstruír unha parte descoñecida da diáspora focega”, explican desde A Pomba do Arco. 
 
Fernández Vizoso, xornalista e investigador, é veciño de Cangas e autor dunha amplía bibliografía sobre a historia da comarca da Mariña, á que xa ten dedicada catro volumes e centos de artigos en diversas publicacións.

 

31/07/2025

O Concello do Valadouro anuncia que a presentación oficial da última edición ampliada de Contos do Valadouro será este venres, día 1 de agosto, ás 20:00 horas na Casa da Cultura.

Esta é unha edición ampliada con algo máis de medio cento de contos e historias con respecto a edicións anteriores.

Moderará o acto Lionel Rexes, que estará acompañado por un dos autores e recolectores de contos e historias do Val do Ouro, Xesús Pisón. Acompañará o musicólogo Mano Panforreteiro, que interpretará varias pezas musicais durante a lectura dos contos.

A entrada é de balde.

09/06/2025

O libro titulado A fraga dos teixos, escrito por Xosé Salvadores, será presentado en Ribadeo este xoves, día 12 de xuño, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Ademais do autor do libro, no acto intervirá Farruco Graña, presidente da Agrupación Cultural Francisco Lanza, que é a organizadora da presentación.

“Imos presentar o libro A fraga dos teixos. Relato dun naturalista tolo, de Xosé Salvadores (Tempo Galiza Editora). Poñemos así o colofón a un curso cheo de presentacións e que imos culminar este domingo 15 coa viaxe pola Ribeira Sacra. Xosé Salvadores é unha persoa máis preocupada por deixar aos seus descendentes un bosque de teixos que un saco cheo de moedas. As moedas pouco duran na man e ben que poden encirrar na xente. Un bosque de teixos sempre esperta a sensación de serenidade. Especie nobre por...

leer más
26/05/2025

Este xoves, día 29 de maio, ás 20:30horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, presentarase a novela xuvenil Cartas na escuridade, de Lois Pérez, escritor vinculado á vila ribadense que agora está afincado en Lugo.

O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “este relato xuvenil levou o premio de Literatura Xuvenil María Victoria Moreno”.

Teresa González Piñeiroa (profesora de Lingua e Literatura Galegas no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo) vai conducir a presentación, na que participará Lois Pérez.

22/05/2025

O guía, actor e escritor Suso Martínez presenta o seu libro titulado El rey de los jíbaros este domingo, día 25 de maio, en Viveiro. O acto, no que o autor estará acompañado pola alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, será ás na Sala Multiusos da Casa do Concello ás 12:00 horas. A continuación Suso Martínez fará un paseo guiado polos lugares de Viveiro, actividade para a que hai que anotarse a través do correo electrónico xesusmartinez@gmail.com

El rey de los jíbaros é unha novela histórica que foi publicada por Eoditorial, que explica: “a historia é un rico tapiz de narracións persoais e históricas, que mestura a vida dos individuos coas forzas sociais e económicas máis amplas da Cuba e a Galicia do século XIX. Destaca as brutais realidades da escravitude, as loitas dos...

leer más
21/05/2025

O colectivo viveirense Pensamento e Sementeira presenta o proxecto Galicia Latente, de Eduardo de Martíns, este venres, día 23 de maio, ás 19:00 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.

“Teremos connosco a Eduardo de Martíns para presentar o proxecto Galicia Latente. Visualizaremos o documental, conversaremos e teremos unha tarde compartida en comunidade da que seguro que extraemos conclusións moi positivas”, anuncia o colectivo Pensamento e Sementeira.

13/05/2025

Este xoves, día 15 de maio, ás 20:30 horas na Librería Bahía, de Foz, celebrarán o Día das Letras Galegas coa presentación do libro titulado Bóveda, a memoria no lugar, a cargo do seu autor, Óscar Górriz.

“Trátase dun libro de recollida etnográfica e musical con textos e fotografía. Teremos música de pandeireta completando a presentación”, explica Librería Bahía, que ademais anuncia: “o venres día 16 de maio haberá un 10% de desconto en todos os libros escritos en galego, para celebrar as nosas letras e promover a compra de libros en galego”.

06/05/2025

A Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, acollerá este xoves, día 8 de maio, ás 20:30 horas a presentación do libro de relatos A voz do mosquito, escrito por Francisco García Novio.

O acto está organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza e o presidente deste colectivo ribadense, Farruco Graña, intervirá na presentación xunto ao autor da publicación.