Presentación

26/03/2021

O Concello de Viveiro, xunto á área de Cultura da Deputación de Lugo, presenta o cómic conmemorativo do Bicentenario do Afundimento do Bergantín Palomo e da Fragata Magdalena en augas da Ría de Viveiro, un evento que fora celebrado no ano 2010. 

O acto de presentación do cómic, realizado por Primitivo Marcos Ferreiro, terá lugar este sábado, 27 de marzo, ás 12:30 na Sala Multiusos da Casa do Concello, con aforo limitado.

A presentación do cómic contará coa participación da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; María Rosario San Isidro Franco, secretaria da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Carlos Nuevo Cal, Cronista Oficial de Viveiro e coordinador da Comisión do Bicentenario 1810-2010; Primitivo Marcos Ferreiro, autor do cómic, e Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación de Lugo. 

... leer más
04/03/2021

Este vindeiro sábado, 6 de marzo, ás 20:00 horas, no local da Casa da Xuventude de Mondoñedo, terá lugar a presentación da novela “A Solo no le gustaba su nombre", de Pepe Peinó. 

Ademais do autor, estará, como vén sendo habitual, o lingüista Bernardo Penabade. Contarase tamén coa amenización musical a cargo de Alejandro Barreira, que interpretará tres temas acompañado da súa guitarra. O acto lévase a cabo coa colaboración do Concello de Mondoñedo.

 

05/01/2021

O vindeiro venres, 8 de xaneiro, ás 20:00 horas no Pazo de Tovar, en Lourenzá, presentarase a novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. No acto participarán o autor, xunto a Bernardo Penabade, lingüista, e Aida Río, cantante. 

O aforo será limitado, como é obrigado nestas datas de pandemia, admitíndose ata un máximo de 40 persoas. Os interesados deben anotarse chamando ao número 619389997.

 

Etiquetas:
26/12/2020

O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20:00 horas na Confitería-Cafetería Xoyma, de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó "A Solo no le gustaba su nombre". Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse. 

Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado. 

No acto respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.

04/12/2020

Xurxo Souto presenta este sábado o seu libro “Pangalaica, recortes poderosos”, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.

O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto.  En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.

Concerto de Ugía Pedreira 

Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A...

leer más
24/11/2020

A asociación Mariña Patrimonio organiza a presentación online do libro Contrahistorias de Galicia de Antonio Reigosa, que se celebrará este venres, 27 de novembro, a partires das 19:30 horas.

Este libro do escritor mindoniense Antonio Reigosa presenta textos breves e fermosas ilustracións de Rita Gutiérrez, nos que recolle datos curiosos sobre diferentes personaxes, uns coñecidos e outros “esquecidos e ignorados pola historia oficial”, en palabras do propio autor. Nestas contrahistorias, ademais do torque de Burela, atopamos tamén personaxes da Mariña como Eustorgia Acebo, Antonia Díaz Pérez ou o Merlín de Cunqueiro.

Nesta presentación, que se poderá seguir a través do facebook de Mariña Patrimonio, intervirán: o autor, Antonio Reigosa; a ilustradora, Rita Gutiérrez; e mailo editor, Miguel Noval.

 

Etiquetas:
02/10/2020

Mañana, 3 de octubre, tendrá lugar en Alfoz (Lugo) el acto de presentación del libro “O bispado de Mondoñedo na Idade Media: territorio, comunidade e poder”, autoría del historiador Carlos Andrés González Paz (Alfoz, 1977), investigador del CSIC en el IEGPS.

El libro, publicado por la Editorial CSIC, constituye el número 49 de la serie del IEGPS “Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos”. Se centra en el estudio de la región del obispado de Mondoñedo entre los siglos IX y XIII y su cometido es avanzar, a través de la presentación e interpretación de la información recopilada por su autor, en el conocimiento sobre su trayectoria histórica medieval.

Su presentación tendrá lugar en el marco de las “Xornadas de Estudos Históricos” de Alfoz, que comienzan hoy y en cuya organización colabora el IEGPS con ponencias a...

leer más
Etiquetas:
01/09/2020

Este venres, día 4, na Casa da Cultura Manuel María, de Foz, farase a presentación do volume 12 da revista Nova Ardentía. Nela vai un artigo que estuda o imperio industrial de Damián López Ferrería (DALO), autoría dos investigadores Xosé María Leal Bóveda e Xoán Ramón Fernández Pacios. Esta presentación, organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, terá lugar ás 20 horas.

O acto contará coa presenza do alcalde focense, Fran Cajoto, que presentará e moderará o evento, no que participarán dous dos coordinadores da revista, Emilio Ínsua e Francisco Fernández Rei, que darán a coñecer a historia da revista e  resumirán os artigos cos que conta este número. A continuación os autores falarán do papel que o imperio industrial de Damián López xogou no mundo conserveiro, tanto a nivel galego como español, da vida e personalidade deste...

leer más
24/08/2020

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves, 27 de agosto, as 20:30 horas a presentación da nova novela do autor Antonio Cazás: “El verdugo de las almas perdidas” (editorial Terra Ignota). Por mor do coronavirus, o aforo estará limitado. 

Esta nova novela de Cazás Fernández presenta o mundo policial dos anos 50 a través do comisario Negreira, desde un punto de vista humano e profesional, creado por o autor viveirense, e que bebe da novela clásica negra. Negreira súmase así a personaxes como Maigret de Simenon ou Hércules Poirot de Ágatha Christie. Ler “El verdugo de las almas perdidas” é como montar nunha montaña rusa emocionante e palpitante que desexas acabar, pero cando chegas ao final, quererás montar de novo.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo. 

20/08/2020

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves ás 20:30h a presentación do libro “Tratado sobre la extinción” de Javier Bolado. 

Na súa última obra o autor vasco aborda unha historia de suspense con tintes conspiranoicos, que viaxa a través de distintas cidades do mundo a un ritmo vertixinoso e remata confluíndo deixando atrás un regueiro de cadáveres.

Anteriormente tiña publicado Huellas Genitales (1995), El coleccionista de Cajas (2000), La volea esmachada de espaldas (2008) y La desaparición de los murciélagos en Norteamérica (2014).

Para a Delegada de Cultura, Dolores García, “é un pracer poder acoller a presentación deste libro, pois no Concello de Cervo apostamos pola celebración de programas e actividades que teñen como fin a implicación lectora durante todo o ano”. A...

leer más