Desfile
A Asociación Cultural Xuvenil O Castelo organiza o desfile de Entroido de Alfoz, que se celebrará o luns da vindeira semana, 28 de febreiro, ás 21:00 horas no pavillón municipal.
As inscricións realizaranse de 19:30 a 21:00 horas, o aforo será limitado e a máscara e o certificado de vacinación serán obrigatorios.
Repartiranse 1.500 euros en premios. Haberá tres categorías en Infantil e Adultos, nos apartados de Individual, Parellas e Grupos, ademais de Comparsas e Charangas. Os premios en Infantil Individual serán: 40 euros para o 1º, 30€ para o 2º e 20 euros para o 3º; en Infantil Parellas: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 40 euros para o 3º; e en Infantil Grupos: 90 euros para o 1º, 70€ para o 2º e 50 euros para o 3º. Os premios en Adultos Individual serán: 60 euros para o 1º, 50€ para o 2º e 30 euros para o...
leer másO Concello de Viveiro comeza a súa programación de Entroido este sábado, 26 de febreiro, coa celebración das Alpuxarradas ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162, de luns a venres, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es. Os participantes no certame, no caso de non poder manter a distancia interpersoal de seguridade establecida en 1´5 m., terán que levar a máscara posta ou ben un test de antíxenos ou PCR. O público asistente terá que estar sentado e coa máscara.
O martes, 1 de marzo, terá lugar o desfile ás 17:30 horas. O prazo de inscrición é ata o 27 de marzo no rexistro municipal ou na sede electrónica, xa que por motivos organizativos non se anotará o día do desfile. O uso da máscara será obrigatorio para os participantes e para o público...
leer másXa está aberto o prazo de inscrición para participar no gran desfile de Entroido, que se celebrará o 1 de marzo e que repartirá máis de 4.000 euros en premios, segundo informan o Concello de Ribadeo e Acisa.
Dende a organización indican: “para obter información sobre a maneira de inscribirse recomendamos chamar aos teléfonos 982 128 689, 982 131 565 ou 982 120 565 ou ben consultar as webs do Concello ou de Acisa Ribadeo”.
E explican: “para participar no desfile, pode realizarse a inscrición en persoa no rexistro das oficinas municipais ou a través do correo electrónico turismo@ribadeo.org. As bases e ficha de inscrición atópanse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do portal www.ribadeo.gal e na web...
leer másVolve de novo o Entroido ao Valadouro con forzas renovadas. Despois da paréntese forzosa pola situación sanitaria, regresa unha das máis celebradas tradicións festivas no val onde a imaxinación desbordante, as gañas de diversión e de festa dos veciños e visitantes enche as rúas da vila.
O 27 de febreiro será o desfile, o 1 de marzo terá lugar o Entroido infantil e o 5 de marzo haberá coplas e celebrarase o enterro da sardiña.
A organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 horas tod@s aqueles que queiran desfilar poderán anotarse no correo electrónico desfileentroidofoz22@gmail.com ou na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Para desfilar será necesario cumprimentar a documentación relativa a participantes (de todas as idades), vehículos e presentar os certificados COVID para que a organización os valide, no momento da presentación da documentación ou ben o día do sorteo de postos. En ningún caso se permitirán inscricións o mesmo día do desfile, xa que por motivos organizativos faise imposible. As dúbidas dos posibles participantes serán resoltas no teléfono 982.14.00.27, extensión 3 (Cultura)....
leer másAs inscricións ao Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido ábrense este xoves
O Concello de Viveiro anuncia os detalles do programa do Entroido 2022, cuxos eventos comezarán o próximo xoves 24 de febreiro e rematarán o mércores 2 de marzo. O goberno local recupera así esta festa, tras a mellora epidemiolóxica, contando de novo co tradicional Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido, cuxas inscricións abren este venres.
O programa de actividades retoma as Alpuxarradas e o enterro da sardiña, ademais de obradoiros e inchables para a infancia, un scape room e diferentes eventos con música en directo.
A programación comezará o xoves 24 co “Juepeo especial de comadres”, nos locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. O sábado 26 será o momento da “Troula de...
leer másO Concello de Xove confirma que, este ano, haberá desfile de Entroido que se celebrará o sábado 26 de febreiro.
A Concellería de Cultura xa sacou as bases do Gran Desfile que percorrerá as rúas de Xove e no que se entregarán 4.910 euros en premios.
Haberá premios nas categorías de Carrozas, Comparsas e Grupos de dez ou máis persoas, Grupos de Adultos de tres a nove persoas, Parellas de Adultos, Individuais de Adultos (de 14 anos en diante), Grupos Infantís de tres a nove persoas, Parellas Infantís e Individuais Infantís. Tamén haberá premios para o disfrace máis orixinal tanto individual como colectivo, para o conxunto máis numeroso, para o participante máis maior e para o participante máis novo.
Vilanova de Lourenzá celebrará o desfile de Entroido este ano. Será, como é tradicional, o Domingo de Piñata, que este ano coincide o 6 de marzo. Da organización encárgase o Concello e colabora a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá (ACIAL).
A alcaldesa, Rocío López, explica que “o tradicional desfile de Entroido de Lourenzá volve celebrarse este ano, despois de que no 2021 se optara por facelo on line. A programación e as bases do desfile daranse a coñecer nas próximas semanas. Estamos a traballar para garantir todo o cumprimento dos protocolos Covid e para que o evento transcorra do xeito máis seguro posible”.